A Previa: SD Momán – Mondoñedo FC

18ª xornada de Liga no grupo 11 da 3ª rexional galega. O Líder, Mondoñedo FC, visita o campo de “A Veiga” para medirse ao 10º clasificado, o SD Momán. No encontro da 1ª volta desputado no Viñas da Veiga, o marcador final fora de 3-1 para os mindonienses. 

SD Momán – Mondoñedo FC

Sábado 26 de xaneiro as 16:00 h

Campo de fútbol: A Veiga, Momán (fai click aquí para saber como chegar a este campo)

Colexiado: D. Eduardo Feijoo Trigo

A Liga chega a súa fase final. Restan 13 xornadas para o remate, e cada partido cobra vital importancia, os equipos da parte alta non afloxan no seu ímpetu por lograr as prazas de ascenso directo a 2ª rexional.

O rival mindoniense desta xornada e o SD Momán, 10º clasificado con 15 puntos no que vai de Liga, colleitados tras 4 victorias, 3 empates e 9 derrotas; con 21 goles a favor e 28 en contra. Os seus datos, máis polo miudo na estatística:

O Momán so conta con catro victorias no que vai de Liga, e no seu feudo, “A Veiga”, tan so foi capaz de sumar os tres puntos nunha ocasión, fronte o Novas Raíces de Galdo, na 11ª xornada por 2-1. Tres empates tamén como local: 1-1 fronte o San Antonio, 2-2 co CD Goiriz e 1-1 fronte o Cazás. O resto dos partidos como local do Momán cóntanse por derrotas, un total de 4, 1-2 co San Román, 0-2 coa SD Ourol, 2-3 co Folgueiro e 0-2 co Abadín.

As outras tres victorias que colleitou o Momán, no que vai de Liga, correspóndense coas súas visitas a:  Cazás (1-4), Praia de Covas (2-3) e Roupar (1-2).

A pesar de ser un equipo da parte baixa da táboa, observamos como ningún equipo foi quen de conseguir máis de 2 goles no campo de “A Veiga”, agás o Folgueiro, que marcou tres pero rematou cun axustado 2-3 no marcador.

Será unha nova pedra de toque para o Líder. Un Mondoñedo que chega a este partido logo de gañar a pasada semana por 2-0 fronte o Codesido. Para Hermelino este será un partido complicado e importante. Pero o equipo esta mentalizado para volver con algo positivo da súa visita a Momán. 

Para o choque de hoxe, Hermelino facilitounos a convocatoria do Mondoñedo, composta polos seguintes xogadores:

Adrián – Rosendo – Álvaro – Miguel – Carro – Alberto – Fabián – Felipe – Noly – Ramallal – Portela – Dani – Manuel – Jesús – Juan e Jacobo.

@Candia_Marcos