Fotos Cedidas: SD Mindoniense

Inauguramos unha nova categoría en “Cultura e Ocio”, “Fotos cedidas”. Todo aquel que queira colaborar con este blog enviando as súas fotos de Mondoñedo, actuáis ou históricas pode facelo a traveso da dirección de mail culturaeocio@hotmail.es

Para inaugurar esta sección traemos unha imaxe cedida polo noso inestimable colaborador Andrés García Doural.

Na foto observamos unha formación da SD Mindoniense dos anos 90, correspondente a militancia do equipo na rexional preferente. Na foto forman de esquerda a dereita e de arriba a abaixo os seguintes integrantes:

Kike – Xesta – Seijas – Cabanas – Nacho – Alberto – Pibe – Guillermo – Juan – Manolito – Chino – Santillana – Carlitos – Juan – Noly e Ángel.

Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click sobre a mesma.

©Marcos_Candia