Un ano na rede

Onte, 23 de febreiro, “Cultura e Ocio”, este blog a vosa casa, cumpliu o primeiro ano na rede.

Un total de 130 artigos, contando este, foron publicados durante este primeiro ano de andaina do blog.

Para conmemorar esta data queremos das as grazas a todos vos, polas case que 5.000 visitas contabilizadas e as máis de 12.000 entradas rexistradas a galería fotográfica do blog en Flickr.

Ademáis agradecer de xeito moi especial, a colaboración que veñen prestando con este blog Armando Requeixo, Andrés Doural, Pepe de Noriega, Suso Robles, Hermelino García ou a Asoc. Pasatempo, ademáis de todas as web’s e blog’s que teñen a este no seu apartado de ligazóns ou que promocionan o mesmo.

Mención aparte para Blogaliza, por permitirnos aloxar este espazo nos seus servidores.

Comeza pois o segundo ano de “Cultura e Ocio”, esperamos non defraudar e poder desfrutar por moito tempo da vosa grata compaña nesta casa, que é a vosa.

Marcos_Candia

O Mondoñedo regala 45 minutos en Roupar

O Mondoñedo non foi capaz de gañar na súa visita a Roupar. Ademáis a primeira metade do partido foi para esquecer con uns mindonienses irrecoñecibles.

O partido deu comezo con ambos equipos acusando as frías temperaturas desta tarde e sen claridade no xogo, pero no minuto 11 chegou o gol local. Lanzamento de falta do Roupar e un home da escadra chairega prolongou o balón na frontal do área pequena e mandou o balón a base do pao defendido por Adrián. No saque de centro, tralo gol, o Mondoñedo perdeu o balón e chegaría un lanzamento ao longueiro por parte do equipo local. Os do Viñas da Veiga estaban totalmente descentrados e fora do partido.

Para ver a primeira chegada do Mondoñedo tivemos que esperar ata o minuto 20 de xogo, ocasión que rematou co lanzamento de Manuel respondido sen problemas polo meta local. Tres minutos despois, novamente Manuel, interceptou un balón da defensa do Roupar cara o seu porteiro, pero o seu tiro foise fora. Foron duas ocasións ailladas, o Mondoñedo non estaba cómodo no campo, moitos erros na defensa, na saída de balón e imprecisións continuas no pase. Cada chegada do Roupar era unha ocasión clara de gol froito, precisamente, do erros atrás, tivo ata tres claras o equipo local para marcar. Pola súa parte o Mondoñedo no minuto 37 tivo ao seu favor un penalti por máns dun xogador do Roupar. O lanzamento do mesmo, obra de Carro, foi respostado polo meta local, enviando o balón a córner.

A primeira metada chegou o seu fin, e foi sen dúbida, o mellor que lle puido pasar o Mondoñedo. Un Mondoñedo completamente descoñecido. Sen claridade no seu fútbol, con moitos erros en todas as liñas e sobre todo coa sensación de que o resultado ao descanso podía ser moito máis adverso.

O segundo tempo, foi completamente distinto. O Roupar no dispuxo de ningunha ocasión nestes 45 minutos e o Mondoñedo, pola súa parte, foi un auténtico vendaval sobre a porta local. Portela, Ramallal, Jacobo, Manuel… Un incesante goteo de ocasións do cadro mindoniense. A primeira xa no minuto 2, que tras un barullo no área o balón foise a córner. No min 5, era Portela o que mandaba o balón o lateral da rede case sen ángulo. No 19, gran parada do meta local tras un bo remate de Jacobo. No 22 remate de cabeza de Miguel, tras lanzamento de falta de Carro, que tamén respostou o meta local. 

No minuto 25 o Roupar quedouse con 10 homes trala expulsión dun dos seus xogadores, que recibia o segundo cartón amarelo tras unha dura entrada sobre Rosendo.

Seguía o Mondoñedo volcado sobre a porta do Roupar, pero sempre coa respota do seu porteiro, no 30 Ramallal, no 33 Manuel, no 36 Alberto, tiñán ocasións de gol para lograr o empate pero a bola non entraba. Así ata o minuto 38, cando Manuel conseguía o ansiado gol cun gran lanzamento a base do pao.

A partires deste punto os de Hermelino non cesaron no seu empeño de buscar a meta local, e as ocasións seguían chegando. No 40 Portela buscou a Jacobo libre de marca, pero o seu pase foi enviado a córner polo meta local. No 42 Jacobo mandaba o balón por riba do longueiro, no 45 Manuel buscaba outro gol pero desta volta mandaba o balón fora por pouco; no 46 era Portela o que mandaba o balón lamendo o pao. A última ocasión do partido, foi tamén para Portela, pero desta vez o balón marchou moi desviado.

O final empate a uns, pero unha primeira parte para esquecer onde o resultado desfavorable ao descanso podía ser moito máis contundente. 

Deberá mentalizarse o Mondoñedo para esta recta final de Liga. A próxima xornada visita o Viñas da Veiga un difícil Abadín, rival directo pola pelexa no ascenso a 2ª rexional onde os mindonienses no se poden permitir máis erros. Maña completarase a xornada, hoxe o Pol logrou a victoria 1-2 na súa visita a Momán e o Ourol empatou a 0-0 no seu desplazamento a Galdo.

Datos:

Aliñación: Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Genito – Carro – Noly – Ramallal – Manuel – Alberto e Jacobo

Trocos: Portela por Genito (no descanso) e Juan por Fabián (min 21 2ª parte)

Campo: Novo de Roupar. Céspede en bo estado ainda que bastante irregular. Tarde moi fría en Roupar. Sobre 40 persoas na grada

©Marcos_Candia

A Previa: SDC Roupar – Mondoñedo FC

Trala victoria na pasada xornada fronte o Folgueiro por 2-0, o Mondoñedo volveu a sumar os tres puntos tras duas xornadas nas que un empate co Galdo e a derrota fronte o Barreiros foran os protagonistas. Nesta xornada os de Hermelino visitan o campo da SDC Roupar, 12º clasificado. Na 1ª volta este partido reflectira un claro 4-1 para o Mondoñedo no Viñas da Veiga.

SDC Roupar – Mondoñedo FC

Sábado 23 de febreiro as 16:15 h

Árbitro: D. Jorge Fernández Iglesias

Campo: “Novo de Roupar” (se queres animar ao Mondoñedo, mira aquí como chegar)

Os da Terra Cha, chegan a este partido 12º clasificados con 15 puntos tras 19 partidos. Colleitados en 4 victorias, 3 empates e 12 derrotas. Cunha bagaxe de 15 goles a favor por 29 na contra.

No seu feudo o Roupar xogou un total de 7 partidos no que vai de Liga. 2 victorias (1-0 fronte o Celta Barreiros e polo mesmo resultado fronte o Cazás), 3 empates (1-1 fronte o Folgueiro, mesmo resultado fronte o Ourol e 0-0 co Goiriz) e 4 derrotas (0-2 co Abadín, 1-3 co San Antonio, 0-1 co San Román e 1-2 co Momán).

Destos resultados debemos facer especial fincapé na victoria do Roupar fronte o Celta Barreiros, o seu empate co Ourol ou nas súas derrotas co Abadín e San Román, equipos todos estes da parte alta da táboa.

Así pois o Mondoñedo ten un difícil choque, que secadra pode verse condicionado pola climatoloxía adversa que se prevé para o encontro.

Hermelino, unha semana máis, deunos conta das últimas novidades do Mondoñedo e das súas impresións de cara a este partido, que considera importante para manter a renda cos perseguidores directos na táboa.

En canto a convocatoria o míster mindoniense non pode contar con Álvaro e Felipe, lesionados, Lucas por motivos persoais e Pepe, sancionado con un partido trala súa expulsión na última xornada. Deste xeito os homes que viaxan a Roupar son os seguintes:

Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Campovello – Genito – Alberto – Carro – Noly – Juan – Ramallal – Manuel – Portela – Jesús – Dani e Jacobo

©Marcos_Candia

A “Cruz de Santiago”

Nos montes da Toxiza, Tronceda, entre os lugares de “O Colesio” e “A Fraga” o 23 de decembro de 1.901 ocorreu un terrible suceso.

Santiago García Díaz, de 20 anos, natural de Tronceda, fillo de Jose García Fernández e María Díaz Fernández, solteiro, sen fillos e de profesión xornaleiro, faleceu víctima dun temporal de neve e frío.

Pouco despois do suceso, colocouse sobre a rocha, unha cruz de madeira, que co paso do tempo acabou deteriorándose e foi sacada do lugar, coa intención de poñer un cruceiro de lousa, material máis resistente a intemperie, pero xamais chegou a colocarse.

Hoxe en día so queda a marca sobre a rocha onde estivo cravada anos atras a cruz de madeira. É unha magoa que non se faga máis enfase en recordar estes feitos históricos e que pasen desapercibidos para xeracións vindeiras, incluso desaparecidos, foi pouco o que faltou para que as pistas do parque eólico, hoxe existente no lugar, pasaran por riba desta rocha.


Coa colaboración de Andrés García Doural

©Marcos_Candia