A Previa: Mondoñedo FC – Novas Raíces de Galdo

19ª xornada de Liga para o Mondoñedo. Restan 12 para o final da tempada, ainda que nunha delas o Mondoñedo descansará. Polo tanto 11 partidos para conseguir o ansiado ascenso. Nesta xornada visita o Viñas da Veiga o cadro viveirense Novas Raíces de Galdo, na 1ª volta o resultado final foi de 0-1 para o Mondoñedo, con gol de Ramallal.

Mondoñedo FC – Novas Raíces de Galdo

Domingo 3 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Colexiado: D. Adrián Álvarez Ignacio

Despois da victoria do pasado fin de semana en Momán por 0-2, o Mondoñedo recibe novamente, a un equipo da parte media da táboa, o Novas Raíces de Galdo, repasamos a súa tempada ata o momento na estatística:

O Galdo chega a este partido no posto 9º da táboa clasificatoria, con 21 puntos colleitados tras 6 victorias, 3 empates e 8 derrotas. O seu balance de goles está nivelado, 25 tanto a favor como en contra. Cabe destacar que a primeira derrota que sufriu o Galdo nesta tempada, foi precisamente, no seu partido contra o Mondoñedo da primeira volta.

Nos partidos como visitante o Galdo colleitou 3 victorias no que vai de Liga, no campo do San Antonio por 0-2, na súa visita a Cazás por 2-3 e tamén na casa do San Román equipo da parte alta da táboa, onde o Galdo foi quen de gañar por 1-2. Ademáis dos seus partidos a domicilio cabe tamén destacar o empate que sacou na cancha do Abadín, candidato tamén ao ascenso por 3-3, e o empate 1-1 na cancha do Folgueiro equipo que hoxe pelexa xunto co Codesido e o propio Galdo por alcanzar os postos de Play Off. No resto de partidos a domicilio o Galdo colleitou derrotas, un total de tres, en Ourol por 2-1, en Goiriz por 3-1 e en Momán por 2-1.

Ademáis atopamos outro dato curioso nos resultados do Galdo. Foi capaz de marcar en todos os partidos de Liga que desputou ata o momento excepto en tres. E eses tres partidos remataron co mesmo resultado, 0-1; foron as derrotas do Galdo fronte o Abadín o San Antonio e a xa comentada fronte a escadra mindoniense.

Pola súa parte o Mondoñedo, como xa sabedes, chega nunha inmellorable primeira posición con 42 puntos e un balance de 47 goles a favor por tan so 16 en contra, sendo así o equipo máis goleador (o segundo é o Abadín con 37 goles, 10 menos), e o segundo menos goleado so superado polo Celta Barreiros que encaixou tan so 14 goles.

Como sempre comentamos con Hermelino a actualidade do Mondoñedo; o míster fálanos do difícil e competido que agardan este partido; ainda que o rival leva unha xeira de malos resultados, Hermelino considera que pode espertar en calquera momento, e que terán ao seu favor o estado do céspede do Viñas da Veiga, onde o Mondoñedo verá difícil desenrolar o seu xogo habitual. Pero a mentalidade do cadro mindoniense é a de sacar o máximo rendemento posible para este partido.

Ademáis o míster facilitóunos a convocatoria, para a cal causan baixa por decisión técnica Genito, Dani e Pepe; sendo así os xogadores convocados os seguintes:

Adrián – Fabián – Carro – Miguel – Alberto – Felipe – Noly – Manuel – Ramallal – Portela – Jacobo – Rosendo – Álvaro – Juan – Lucas e Jesús. 

©Marcos_Candia