Desfile de carnaval o día 16 en Mondoñedo

Un ano máis a cidade de Mondoñedo celebrará o seu xa habitual desfile de entroido. Este ano será o próximo sábado dia 16; pero antes, este mesmo sábado 9, terá lugar o desfile infantil de disfraces a partires das 16:30 h no pavillón municipal de deportes (organiza este evento a ANPA do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora).

Pola súa parte, o desfile principal do entroido mindoniense como deciamos, será o día 16, partirá sobre as 17:00 h do Campo dos Paxariños, percorrendo as céntricas rúas mindonienses ata a súa chegada a Praza da Catedral; o desfile rematará na Praza do Concello. As 21:30 h o xurado fará entrega dos premios na mesma praza, e ademáis os asistentes poderán gozar da actuación do “Dúo Chechu y Salva (Diamantes)”. Tedes toda a información do evento e importe dos premios no cartel e díptico a continuación (podedes velos a maior tamaño facendo click neles). 

©Marcos_Candia