A Previa: Celta Barreiros – Mondoñedo FC

Importante partido nesta xornada para o Mondoñedo. Os de Hermelino visitan o difícil campo de “O Cascabeiro” en Barreiros, para medirse ao equipo local. Un Celta Barreiros que se afianza na parte alta da táboa. Recta final da liga, quedan 11 xornadas, unha de descanso para o Mondoñedo, polo tanto últimos 10 partidos. O ascenso en xogo. Na primeira volta, a ida deste partido no Viñas da Veiga, rematou empate 2-2, foron os primeiros puntos que cedeu nesta liga o Mondoñedo.

Celta Barreiros – Mondoñedo FC

Domingo 10 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: O Cascabeiro, Barreiros. (Se queres animar o Mondoñedo fai click aquí para saber como chegar)

Colexiado: D. Martín Rodríguez Taboada

O Mondoñedo visita un dos campos máis difíciles da liga logo do empate na pasada xornada, no Viñas da Veiga, fronte ao Novas Raíces de Galdo. Pola súa parte o Celta Barreiros chega a este partido tras unha excelente xeira de sete victorias consecutivas. Analizamos os datos do rival mindoniense na estatística:

O Celta Barreiros leva unha clara xeira ascendente nesta liga. Nas seis primeiras xornadas de liga so foran capaces de gañar un partido e empatar tres, caendo derrotados no campo do Roupar e na súa visita a Abadín. Sen embargo, a súa actual racha de sete victorias consecutivas, asusta. Ademáis outro dato importante é que o Celta Barreiros non perdeu ningún partido no seu feudo, sendo así xunto co Mondoñedo, os únicos equipos invictos como locais.

Os de San Cosme aséntanse tras estes bos números na parte alta da táboa, 3º con 36 puntos, a tan so un punto do Abadín, 2º clasificado, e a sete do Mondoñedo, líder. Tras 18 partidos desputados, conta con 11 victorias, 3 empates e 4 derrotas. 36 goles a favor por tan so 15 en contra, outro dato importante este, xa o Celta Barreiros é o equipo menos goleado desta liga, seguido polo Mondoñedo e o San Román con 17 dianas encaixadas.

No Cascabeiro, como local, o Celta Barreiros gañou ao Ourol 2-1, ao Goiriz 3-0, SD Momán por 2-1, UD Folgueiro por 6-0, Roupar por 1-0, Abadín por 3-0 e Cazás por 4-1; e empatou 1-1 co San Antonio e 0-0 co San Román. Ningún dos equipos que pasou polo seu campo foi quen de marcar máis de 1 gol.

A tenor destes datos, o encontro preséntase apaixoante, dous dos equipos máis fortes agora mesmo na liga.

Unha semana máis, Hermelino facilitounos a actualidade do Mondoñedo. Un Mondoñedo mentalizado para este difícil partido contra un rival directo polo ascenso. Os do Viñas da Veiga confían no seu fútbol e argumentos para competir e tentar traer algo positivo da súa visita o Cascabeiro. Ademáis o míster mindoniense deunos tamén os datos da convocatoria para este choque, quédanse fora por decisión técnica Fabián Juan e Alberto, sendo así os 16 futbolistas convocados os seguintes:

Convocatoria:

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Genito – Noly – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Manuel – Lucas – Rosendo – Felipe e Dani

©Marcos_Candia