O C. Barreiros impón o seu fútbol diante do Mondoñedo

O campo de fútbol do Cascabeiro foi testigo dun interesante partido, o desputado nesta fría e chuviosa tarde entre o Celta Barreiros e o Mondoñedo, o final o equipo local impuxo o seu fútbol para gañar aos mindonienses por 2-0.

O partido comezou cun Barreiros mellor plantado sobre o campo e dominando con claridade durante os dez minutos iniciais, onde incluso tivo unha clarísima ocasión para poñerse por diante no marcador.

A partir destes primeiros compases de presión local o Mondoñedo foi saíndo da cova e tentando achegarse a meta local defendida polo ex mindoniense Roberto. Foi Manuel pola súa banda o que conseguiu levar o perigo pero sen acerto nos metros finais. Despois destes minutos de mellor xogo visitante, chegou o gol do Barreiros, corría o min 34. Córner a favor do Barreiros, un xogador prolonga o balón no área pequena e outro home do Barreiros consegue enganchar un grandísimo remate que se coa por toda a escadra da meta de Adrián.

Nos seguintes minutos o Mondoñedo, con máis corazón que cabeza, tentou buscar a igualada antes do descanso, e tivoa nun saque de banda de Jacobo para Manuel que en xogada persoal chegou ata o área pequena pero alí atopóuse co meta Roberto. Así chegaríamos ao descanso co coñecido 1-0.

No segundo tempo o partido comezou con un mellor Mondoñedo, que tentaba dominar o balón e xogar o seu fútbol, pero as ocasións non chegaron e pouco a pouco o xogo estaba centrado no medio campo. Así no minuto 17 o Barreiros recupera un balón en banda e gaña a batalla a defensa local conseguindo así o definitivo 2-0 no marcador.

Dende aquí e ata o final do partido os de Hermelino intentárono de tódolos xeitos, buscando un gol que os metera de novo no encontro, a máis clara para Portela, tras a única xogada combinada do Mondoñedo no día de hoxe, pero o seu disparo final foi a rentes do pao.

2-0 e merecida victoria do Celta Barreiros que impuxo o seu bo fútbol ao Mondoñedo. Un Mondoñedo que hoxe non estivo fino, nin foi capaz de desenrolar o bo xogo que acostuma con moitas imprecisións nos pases e abuso do balón en longo en varias fases do partido.

Así con este marcador o Mondoñedo fecha esta xornada como líder con 43 puntos. 2º ponse agora o Celta Barreiros con 39 puntos. Nos postos de Play Off quedan o Pol 3º con 38 puntos, o Abadín 4º con 37 e que nesta xornada descansou, o San Román 5º tamén con 37 puntos e fecha o Play Off o Ourol con 36 puntos.

Datos:

Aliñación: Adrián – Álvaro – Rosendo – Miguel – Genito – Carro – Felipe – Noly – Ramallal – Manuel e Jacobo

Trocos: Portela por Manuel (min 14 2ª parte)

Céspede: O Cascabeiro. Boa entrada. Campo en bo estado ao comezo do partido, pero que acabou por zonas con bastante barro froito da chuvia

©Marcos_Candia

2 thoughts on “O C. Barreiros impón o seu fútbol diante do Mondoñedo”

Os comentarios están pechados.