O Mondoñedo suma 3 necesarios puntos

Tras dúas xornadas sen gañar, hoxe o Mondoñedo voulveu a colleitar os tres puntos. 2-0 fronte o Folgueiro, non foi o mellor partido do Mondoñedo, nin por asomo, pero os tres puntos suman ao casilleiro do líder.

Tarde expléndida de fútbol nun Viñas da Veiga case baldeiro polo desfile de carnaval. Comezou o partido cunha ocasión no min 1 para Alberto, tras un gran pase a espalda da defensa de Noly, pero o remate do rápido xogador mindoniense foise fora. Esta xogada foi un espellismo, pois na maior parte deste período o Folgueiro tivo cerrado ao Mondoñedo na súa parcela de campo, contando con varios saques de esquina ao seu favor.
A segunda para o Mondoñedo chegou no min 16, foi Ramallal o que puxo un bo centro que atopou o remate de Alberto, novamente respostado polo meta visitante, na seguinte foi Jacobo un bo centro a reviravolta dende a liña de fondo, pero non atopou rematador.

A partir de aquí o encontro volveu a abrirse e calquera equipo podía marcar o primeiro tanto, gol que apiques estivo de chegar no min 26 de non ser por unha gran intervención de Adrián. No último cuarto de hora o Folgueiro seguiu dispoñendo de balóns adiante e faltas ao seu favor, pola súa parte o Mondoñedo tería outra boa de Ramallal no 38 que tras salvar o porteiro ve como o seu lanzamento é rexeitado por un defensa visitante.

No último minuto deste tempo Alberto lanzou unha gran contra, cando quedaba so diante do porteiro un defensa agarrouno da camisola, o colexiado non o dubidou e deixou o Folgueiro con 10 h. O lanzamento da falta saldouse sen consecuencias. Así chegábase ao descanso co 0-0 inicial, o Folgueiro con 10 homes e un marcador que puido cambiar neste período para calquera equipo.

A segunda parte non puido empezar de mellor forma para o Mondoñedo. Novamente no primeiro minuto ocasión para os de Hermelino, pero desta vez chegou o gol!. Jacobo colleu un balón rexeitado na fronta do área e marcou un expléndido golazo por toda a escadra, que significou o 1-0 no marcador. A resposta do Folgueiro chegou no minuto 6, foi de novo a balón parado, saque de esquina e remate final por riba da meta ben defendida por Adrián. No 10, nova chegada local, co remate de Alberto no área pequena que atopou a gran intervención do porteiro visitante, tan so 6 minutos despois de novo o Folgueiro, e unha vez máis a balón parado, lanzamento de falta que tras un remate marchou fora por ben pouco.

No minuto 20 deste período, Pepe, central do Mondoñedo, veu a segunda cartulina amarela, e a conseguinte expulsión, o partido de novo quedaba igualado no número de xogadores. Tan so 2 minutos despois, nunha boa contra o Folgueiro tivo de novo unha ocasión para marcar, pero unha vez máis o remate final foise por riba da porta local.

Así fomos chegando os últimos 15 minutos de partido onde o Mondoñedo tivo varias ocasións. A primeira no minuto 30, de Jacobo, que tras unha forte presión ao porteiro veu como o lanzamento desta rebotava nel e se ia fora por ben pouco. Tres minutos despois era Dani o que presionaba e recuperaba un balón na banda, o seu centro atopou a Noly no borde do área pequena, o seu remate foise ao longueiro. No minuto 36 de novo Jacobo dentro do área deixa un balón atrás para o lanzamento de Lucas que se foi alto.

O segundo gol do Mondoñedo, chegou no minuto 40, gran xogada de Dani, que tras presionar a defensa visitante, aproveitou a indeción desta para marcar un auténtico golazo de vaselina e poñer así o definitivo 2-0. Foi o 1º gol de Dani coa camisola do Mondoñedo FC.

Tras esta nova victoria o Mondoñedo segue líder con 46 puntos. 2º é o Abadín con 40, 3º o Barreiros con 39 a falta de xogar o seu partido de mañá, igual que o Pol, 4º con 38 puntos, e o San Román 5º con 37 puntos, cerra o Play Off o Ourol 6º con 36 puntos e tamén a espera do seu partido de mañá.

Datos:

Aliñación: Adrián – Fabián – Miguel – Pepe – Genito – Carro – Felipe – Noly – Ramallal – Alberto e Jacobo

Trocos: Lucas por Genito (min 24 2ª parte), Dani por Ramallal (min 26 2ª parte) Jesús por Jacobo (min 43 2ª parte) e Juan por Felipe (min 43 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga. Bastante brando. Escasa presenza de aficcionados

©Marcos_Candia

A Previa: Mondoñedo FC – UD Folgueiro

Novo partido para o Mondoñedo FC, logo de duas xornadas nas que os do Viñas da Veiga, sumaron un punto de seis posibles, faise máis que importante colleitar esta victoria, para non perder a renda cos perseguidores directos, en fronte estará a UD Folgueiro

Mondoñedo FC – UD Folgueiro

Sábado 16 de febreiro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

O Mondoñedo ven de perder no Cascabeiro diante do Celta Barreiros por 2-0, un resultado, que sumado aos do resto de rivais directos acurtou a renda do Mondoñedo cos seus perseguidores, o que fai máis importante este partido diante do Folgueiro.

Os do Vicedo chegan a Mondoñedo na 8ª praza da Liga con 24 puntos a 12 dos postos de Play Off, conta con 6 victorias, 6 empates e 6 derrotas.

Nas súas saídas lonxe do seu feudo o Folgueiro foi quen de gañar en 4 campos (San Antonio 2-3, Ourol 1-2, Goiriz 1-3, e Momán 2-3), empatou en 2 (Roupar 1-1 e Pol 2-2) e caeu derrotado en 5 (Abadín 2-1, San Román 6-0, Praia de Covas 3-2, Barreiros 6-0 e Cazás 5-3).

Leva dende o 22 de decembro sen coñecer a victoria (a última foi a xa comentada visita a Momán por 2-3). O precedente deste partido na primeira volta remata con empate a 1-1.

Será un partido difícil no que o Folgueiro vira a Mondoñedo sen temor e a prantar cara ao líder da categoría, un líder que, como comentabamos, precisa volver a sumar e coller confianza. Para este partido o Hermelino deixa fora da convocatoria a: Álvaro por lesión, a Manuel por sanción e a Rosendo e Campovello por motivos persoais. Deste xeito os 16 futbolistas cos que contará Hermelino para este partido son:

Adrián – Pepe – Miguel – Genito – Noly – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Alberto – Fabián – Lucas – Juan – Felipe e Dani

©Marcos_Candia