A Previa: SDC Roupar – Mondoñedo FC

Trala victoria na pasada xornada fronte o Folgueiro por 2-0, o Mondoñedo volveu a sumar os tres puntos tras duas xornadas nas que un empate co Galdo e a derrota fronte o Barreiros foran os protagonistas. Nesta xornada os de Hermelino visitan o campo da SDC Roupar, 12º clasificado. Na 1ª volta este partido reflectira un claro 4-1 para o Mondoñedo no Viñas da Veiga.

SDC Roupar – Mondoñedo FC

Sábado 23 de febreiro as 16:15 h

Árbitro: D. Jorge Fernández Iglesias

Campo: “Novo de Roupar” (se queres animar ao Mondoñedo, mira aquí como chegar)

Os da Terra Cha, chegan a este partido 12º clasificados con 15 puntos tras 19 partidos. Colleitados en 4 victorias, 3 empates e 12 derrotas. Cunha bagaxe de 15 goles a favor por 29 na contra.

No seu feudo o Roupar xogou un total de 7 partidos no que vai de Liga. 2 victorias (1-0 fronte o Celta Barreiros e polo mesmo resultado fronte o Cazás), 3 empates (1-1 fronte o Folgueiro, mesmo resultado fronte o Ourol e 0-0 co Goiriz) e 4 derrotas (0-2 co Abadín, 1-3 co San Antonio, 0-1 co San Román e 1-2 co Momán).

Destos resultados debemos facer especial fincapé na victoria do Roupar fronte o Celta Barreiros, o seu empate co Ourol ou nas súas derrotas co Abadín e San Román, equipos todos estes da parte alta da táboa.

Así pois o Mondoñedo ten un difícil choque, que secadra pode verse condicionado pola climatoloxía adversa que se prevé para o encontro.

Hermelino, unha semana máis, deunos conta das últimas novidades do Mondoñedo e das súas impresións de cara a este partido, que considera importante para manter a renda cos perseguidores directos na táboa.

En canto a convocatoria o míster mindoniense non pode contar con Álvaro e Felipe, lesionados, Lucas por motivos persoais e Pepe, sancionado con un partido trala súa expulsión na última xornada. Deste xeito os homes que viaxan a Roupar son os seguintes:

Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Campovello – Genito – Alberto – Carro – Noly – Juan – Ramallal – Manuel – Portela – Jesús – Dani e Jacobo

©Marcos_Candia