A Previa: Mondoñedo FC – Abadín CF

Interesante partido o desta xornada para o Mondoñedo FC. Logo de sumar 5 puntos dos últimos 12 posibles, os do Viñas da Veiga reciben a un sempre difícil Abadín, claro candidato ao ascenso, e que chega a este partido a tan so catro puntos do Mondoñedo.

Mondoñedo FC – Abadín CF

Domingo 03 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. José Luis Hernández Mouzo

Campo: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Mondoñedo e Abadín mediran forzas nun duelo de máxima rivalidade. 1º contra 3º cunha diferenza de tan so 4 puntos entre eles, e co Abadín que xa descansou nesta segunda volta. No primeiro terzo da liga este mesmo partido rematou 3-4, sendo así, ata o momento, a única derrota do Abadín no seu campo.

Terceiros clasificados con 43 puntos, tras 20 partidos repartidos en 13 gañados, 4 empatados e 3 derrotas; 47 goles a favor e 22 en contra. Repasamos os datos, do rival mindoniense desta xornada na nosa estatística.

O Abadín como visitante conta cuns números que poden asustar a calquera con 7 victorias, 2 empates e outras 2 derrotas. As súas victorias colleitounas en Roupar (0-2), San Antonio (1-3), San Román (2-3), Goiriz (1-3), Momán (0-2), Galdo (0-1) e Cazás (1-2); os empates foron fronte o Ourol e o Folgueiro ambos por 1-1; e as súas derrotas en Pol por 2-1 e en Barreiros por 3-0, ambas fronte a  equipos da parte alta da táboa, que pelexan polo ascenso. 

Pola súa parte o Mondoñedo chega a esta xornada como líder, pero con tan so 3 puntos de renda sobre o segundo clasificado, o Pol, que ademáis xa desfrutou da súa xornada de descanso nesta segunda volta ao igual que, como xa comentamos, o Abadín. O Mondoñedo descansará dentro de 3 xornadas, logo deste partido co Abadín deberá visitar Cazás e recibir o San Antonio antes do descanso.

Hermelino, unha semana máis falounos da actualidade do Mondoñedo. Un equipo mindoniense que marca este partido como moi importante, tanto pola clasificación como pola entidade do rival, un equipo sumamente difícil e competitivo ao que trataran de responder con ilusión e fútbol para tentar conquerir a victoria. Ademáis o míster facilitounos a lista de convocados para este partido da que se caen Álvaro por lesión e Genito, Lucas e Dani por decisión técnica. Pola contra volta a convocatoria Pepe, trala súa sanción, e Campovello, por segunda xornada, tras un mes apartado do equipo por motivos persoais. Deste xeito os xogadores convocados para este encontro son:

Adrián – Rosendo – Fabián – Miguel – Pepe – Campovello – Alberto – Carro – Felipe – Noly – Juan – Ramallal – Manuel – Portela – Jesús e Jacobo

©Marcos_Candia