A Previa: SD Cazás – Mondoñedo FC

Importante partido o que terá este domingo o Mondoñedo na súa visita a Terra Cha. En fronte esterá o Cazás, colista do grupo con 11 puntos. Partido clave nas aspiracións polo ascenso directo do Mondoñedo que non pode fallar, e máis nunha xornada que se presenta con dous duelos directos entre equipos da zona alta da táboa.

SD Cazás – Mondoñedo FC

Domingo 10 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. Jesús Adán Gallego

Campo: Catro Ventos en Cazás. (Se queres animar o Mondoñedo fai click aquí para saber como chegar)

Logo da victoria na pasada xornada do Mondoñedo FC fronte o Abadín por 1-0, nun interesantísimo partido, nesta xornada os mindonienses renden visita ao colista da táboa a SD Cazás. Un partido que se presenta vital, no que non se pode fallar, para facer boa a victoria fronte o Abadín. Ademáis nesta xornada terán lugar dous partidos entre rivais directos do Mondoñedo na loita polo ascenso, por un lado maña sábado no Cascabeiro xogarase o Barreiros – Pol, e o domingo, compartindo horario co partido do Mondoñedo, xogarán no municipal de Abadín, o equipo local fronte o San Román. De gañar o seu duelo o Mondoñedo, e sexa cal sexa os resultados dos outros partidos, terá dado un importante paso cara a meta final do ascenso.

En canto o rival, e coma sempre, mostrámosvos unha gráfica comparando os seus partidos como local e visitante na que se pode ver as súas victorias, empates e derrotas.

Trala desputa de 21 partidos o Cazás marcha no posto 15º da Liga, colista, con 11 puntos, tras 3 victorias (todas como local), 2 empates e 16 derrotas. Marcou 27 goles e encaixou un total de 59 a cifra máis alta da categoría. No partido da primeira volta entre ambos equipos, no Viñas da Veiga, o resultado final fora de 6-0, sendo así a maior derrota sufrida polo Cazás no que vai de tempada.

Analizamos máis polo miúdo os datos do Cazás como local. No seu feudo conseguiu as tres victorias que ten na clasificación, e foron fronte o San Antonio (2-0), SD Goiriz (2-1) e Folgueiro (5-3). No seu campo non sumou ningún empate e o resto dos partidos (7) foron derrotas fronte: Momán (1-4), Barreiros (2-3), Roupar (1-2), San Román (2-3), SD Ourol (0-2), Galdo (2-3), Abadín (1-2). Destas derrotas na súa cancha cabe destacar os partidos cos equipos da zona alta, como se observa, excepto o Ourol (0-2), todos gañaron pola mínima, Abadín 1-2, e Barreiros e San Román por 2-3 ambos. Agarda pois ao Mondoñedo un difícil partido, nun campo, quizais o máis pequeno da categoría e ante un rival que nada ten que perder.

Falamos como en todas as xornadas, co míster do Mondoñedo, Hermelino. O preparador mindoniense fálamos da “obriga de gañar este partido para facer bos os tres puntos colleitados diante do Abadín. Visitamos Cazás con ánimos renovados e coa intención, ainda recoñecendo as dificultades que entraña o partido e con todolos respectos para o rival, de acadar un resultado positivo. O equipo está motivado e concienciado da importancia destes últimos encontros e saben que teñen que dar un “plus” máis”.

Do mesmo xeito Hermelino facilitounos a lista de xogadores que viaxan a Cazás, na que non están Genito, Lucas e Felipe por motivos persoais. Deste xeito, Hermelino leva un total de 17 futbolistas, dado que algún esta con molestias, a espera de descartar a un, para a convocatoria final de 16 xogadores.

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Ramallal – Jesús – Carro – Jacobo – Portela – Alberto – Manuel – Fabián – Juan – Rosendo – Dani – Campovello e Noly

©Marcos_Candia