O Mondoñedo volta con tres importantes puntos de Cazás

O Mondoñedo necesitaba esta victoria para seguir a fronte da táboa xa que onte sábado o Pol foi quen de derrotar o Barreiros por 0-1 poñéndose cos mesmos puntos que os pupilos de Hermelino ata o partido de hoxe. O final o Mondoñedo derrotou ao Cazás sobre un campo de Catro Ventos bastante brando e irregular.

No minuto 10 de partido xa se puxeron as cousas de cara para o Mondoñedo. Un espectacular Manuel, que está en racha, poñía o 0-1 no marcador finalizando unha xogada de contragolpe do equipo mindoniense. Pouco despois, outro dos máis destacados hoxe, Alberto, tería dúas ocasións para aumentar a renda do Mondoñedo, sendo a segunda a máis clara con un remate de cabeza que se foi rozando o pao. A media hora de xogo e tras unha boa xogada de ataque do Mondoñedo, Manuel sufre unha zancadilla dentro do área do Cazás que o colexiado non dubida en sinalar como penalti. Un penalti executado por Alberto, que poría así o 0-2. Parecía que o partido estaba xa cerrado, pero nada máis lonxe da realidade. No minuto 39 un xogador do Cazás lanza un balón dende a frontal do área de Adrián, que colle a este un pouco adiantado, e coase na portería do Mondoñedo, sendo así o 1-2; un minutos despois unha perda de balón no medio campo, propiciou unha nova ocasión para o Cazás, desta vez sen o premio do gol. O definitivo 1-3 chegaría tamén nesta 1ª parte, de novo Manuel, no minuto 44 batía por baixo ao meta local e poñía no taboleiro o que a postre sería o marcador definitivo.

O segundo tempo foi case un trámite. No minuto 8 o Caás despuxo dunha nova ocasión a balón parado, falta directa ben executada que obtivo a resposta de Adrián. No minuto 22 foi Jacobo, para o Mondoñedo, o que fixo tremer o pao da portería do Cazás e xa no minuto 41 Carro lanzaría unha falta que se marchou rozando o pao da portería local. Así neste período o marcador non se moveu.

Con esta nova victoria o Mondoñedo mantense líder con 53 puntos, tres por riba do Pol (un partido menos) que segue segundo con 50 completando así os postos de acceso directos. Nas plazas de Play Off están o Abadín (un partido menos), 4º con 46 puntos, 5º é o San Román (un partido menos) tamén con 46 puntos, 5º queda o Celta Barreiros con 42 puntos e cerra as plazas de Play Off, 6º o Ourol (un partido menos) con 41 puntos.

A próxima xornada o Mondoñedo recibirá a visita do San Antonio, despois desfrutará da súa xornada de descanso antes de encarar os últimos partidos de Liga.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Miguel – Carro – Juan – Campovello – Dani – Ramallal – Jacobo – Alberto e Manuel

Trocos: Portela por Juan (min 12 2ª parte), Jesús por Manuel (min 30 2ª parte) e Fabián por Alberto (min 35 2ª parte)

Campo: Catro Ventos. Brando e irregular. Escasa presenza de aficcionados

©Andrés_García ©Marcos_Candia