A Previa: Mondoñedo FC – SDC San Antonio

Este sábado o Mondoñedo FC ten outro importante partido de cara a súa pelexa por ascender a segunda rexional. Con este quédanlle tan so 5 partidos por xogar, e o segundo en liza na táboa, o Pol, está a tan so 3 puntos de distancia.

Mondoñedo FC – SDC San Antonio

Sábado 16 de marzo as 16:30 h

Árbitro: D. Abraham Vázquez Alemparte

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

O Mondoñedo afronta o partido deste sábado xusto antes de desfrutar da súa xornada de descanso nesta segunda volta. A victoria faise moi importante para os homes de Hermelino, xa que o Pol, 2º clasificado, está a tan so 3 puntos, e de gañar esta fin de semana e a próxima, igualaría o Mondoñedo na clasificación en caso de gañar este partido.

O San Antonio rival deste sábado, marcha 10º na táboa, analizamos os seus datos na nosa estatística.

O San Antonio, como decíamos marcha 10º na liga, tras 22 partidos, con 24 puntos colleitados en 7 victorias e 3 empates, pola contra sufríu 12 derrotas. Ten 30 goles ao seu favor por 49 en contra.

Analizamos os seus datos como visitante nesta liga, onde gañou 3 partidos, empatou outros 3 e perdou 5. As súas victorias foron en Roupar (1-3), Goiriz (2-3) e Novas Raíces de Galdo (0-1), todas pola mínima e contra equipos da parte media-baixa da táboa. Sacou tamén tres empates en Momán e Barreiros ambos por 1-1 e en Folgueiro por 2-2; destacar aquí o seu empate no campo do Celta Barreiros, terreo que ata a pasada xornada permanecía imbatido, no último partido o Pol rachou esa xeira dos barreirenses no seu feudo, impoñéndose por 0-1.E por últimos as derrotas do San Antonio como visitante en: Cazás (2-0), San Román (5-0), Ourol (3-2), Codesido (3-0) e Abadín 4-0. Ademáis o San Antonio chega fresco a este partido, tras descansar a pasada xornada. No partido da primeira volta, o Mondoñedo impuxérase en Lugo por 1-5.

Pola súa parte o Mondoñedo despois deste partido terá duas semanas sen fútbol, a xornada de descanso xa comentada, e a Semana Santa, na cal a competición na 3ª rexional sofre un parón. Dada esta xornada de descanso, e como xa indicamos, os tres puntos deste partido serían moi importantes para manter a distancia co Pol, e que como moito, que na próxima xornada igualen a puntos cos de Hermelino. Tamén cabe destacar, que en Semana Santa, a pesar do parón na 3ª rexional, haberá un partido, o San Román – Goiriz, aprazado no seu día polo temporal. De gañar os seus partidos o San Román, quedaría a un so punto tamén do Mondoñedo. Precisamente este, será o proximo rival do Mondoñedo na volta a competición en abril.

Falamos con Hermelino sobre este partido, do cal nos comentou a importancia do mesmo, no que non se poden permitir ningún erro, tentarán levarse a victoria sempre desde o respeto o rival e sabedores do bo fútbol que desenrolan. Tamén o míster facilitounos a convocatoria para este choque que é a seguinte:


Adrián – Álvaro – Fabián – Campovello – Miguel – Alberto – Genito – Juan – Lucas – Felipe – Carro – Noly – Ramallal – Portela – Jacobo e Manuel

©Marcos_Candia