Tres puntos con tres goles de Manuel

Importante victoria a colleitada hoxe polo Mondoñedo no Viñas da Veiga, sobre un terreo de xogo prácticamente impracticable.

Manuel, que está nun estado de forma espectacular fixo os tres tantos dos de Hermelino para certificar esta victoria.

Comezou o encontro con un Mondoñedo moi ben plantado buscando o gol desde o comezo. Xa no min 3′ Manuel tería o primeiro nas súas botas, tras unha xogada persoal o seu disparo final foise fora por moi pouco. Tan so 2 minutos despois, Felipe lanzou unha falta desde o costado esquerdo do ataque local e o balón despexado pola defensa do San Antonio, apunto estivo de coarse na súa porta. Xa no min 11′ sería Ramallal o que o intentaba, internada por velocidade na área do San Antonio, pero Ramallal no era quen de superar o meta visitante que rexeitaba o seu lanzamento. No min 13′ a defensa lucense sacaba o balón da mesma liña de gol tras un lanzamento de córner do Mondoñedo.

A primeira chegada do San Antonio neste período sería no min 15′, pero un atento Fabián interceptaba o último pase que deixaba a un xogador visitante so diante de Adrián. Na seguinte xogada chegaría o primeiro tanto de Manuel, colleitado tras un gran disparo dende a frontal do área axustado milimétricamente a base do pao que fixo nula estirada do porteiro do San Antonio. A partires deste gol o partido foi pouco a pouco perdendo intensidade neste primeiro tempo e nos últimos minutos do mesmo, o San Antonio dominaba a posesión do balón pero sen crear excesivo perigo, pola súa parte o Mondoñedo non era quen de chegar con claridade a meta rival, perdendo moitos balóns nas últimas liñas do xogo. No min 39′ chegou o primeiro tiro a porta dos visitantes, sería dende a frontal do área, un tiro que non levou perigo para Adrián que chapou a bola sen problemas.

O segundo tempo comezou cun San Antonio moi ben prantado e buscando a área do Mondoñedo. No min 2′ sacan un córner que se pasea por toda a área pequena sen que ningún xogador do San Antonio sexa capaz de empuxar o balón a gol. Para ver a primeira ocasión do Mondoñedo neste período esperamos ata o min 9′ e foi de novo Manuel, pero desta vez o seu disparo foise as rentes do pao. No min 13′ de novo Manuel consegue un lanzamento a porta que e despexado polo meta visitante. Pero no seguinte minuto 14′ chegaría un bo susto para a parroquia local, o San Antonio atópase primeiro co pao e no rexeite do mesmo outro xogador do San Antonio atopaba a excepcional resposta de Adrián que se facía cun balón a boca xarro. Tan so dous minutos despois no 16′ o Mondoñedo quedábase cun home menos pola expulsión de Alberto tras un fea entrada. A partir de aquí o partido entrou nunha fase na que ningún dos dos equipos conseguía xogadas claras, ademáis o estado do campo a estas alturas de encontro era moi precario. Pero o Mondoñedo soubo aproveitar a velocidade de Manuel e con dous pases medidos cerrou o encontro. Sobre a media hora de xogo desta 2ª parte, no min 34′ chegaría o segundo do Mondoñedo, o segundo de Manuel. Velocidade e definición para ver un novo gol do hábil xogador mindoniense. Tan so dous minutos despois no 36′ Manuel rubricaba o seu hack trick de novo poñendo de manifesto a súa punta de velocidade e unha gran definición ante a saída do meta rival. Con estes dous goles o partido quedou completamente fechado e o San Antonio baixou por completo os brazos.

Así pois, importantísimos tres puntos para o Mondoñedo que o poñen con 56 ao fronte da clasificación. Maña xogaran Pol e Abadín, 2º e 3º respectivamente. Pola súa parte o equipo de Hermelino desfrutara a vindeira semana da súa xornada de descanso, e na próxima a competición sofre un parón debido a Semana Santa. Así pois, o próximo partido do Mondoñedo será xa en abril, a primeira fin de semana, enfrontándose ao San Román no seu feudo. Un San Román que de gañar os seus compromisos chegaría a ese partido a tan so un punto do Mondoñedo.

Queda pouco xa para rematar a liga, 4 partidos, 2 como visitante e 2 no Viñas da Veiga. É o momento de dalo todo para facer bo todo o traballo desta tempada, na que o Mondoñedo é líder dende a primeira xornada.

Datos:

Aliñación: Adrián – Fabián – Miguel – Carro – Alberto – Felipe – Noly – Ramallal – Manuel – Portela e Jacobo

Trocos: Genito por Ramallal (min 16′ 2ª parte), Álvaro por Portela (min 16′ 2ª parte), Lucas por Felipe (min 31′ 2ª parte), Campovello por Jacobo (min 31′ 2ª parte) e Juan por Noly (min 34′ 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga. Sobre 30 espectadores. Terreo de xogo en moi malas condicións, con moito barro e defícit de herba.

©Marcos_Candia

2 thoughts on “Tres puntos con tres goles de Manuel”

Os comentarios están pechados.