Non é un partido máis

Domingo 14 de abril as 17:00 h, ese día e asa hora poden marcar un antes e un despois nun grupo de rapaces, que durante toda esta tempada, deixaron a pel e as forzas por levar a bo porto, partido tras partido, a tempada do Mondoñedo FC, dirixidos dende o banco por Hermelino.

O Mondoñedo FC ten a oportunidade de selar o seu ascenso esta fin de semana; para elo, se suma os tres puntos, será oficialmente equipo de 2ª rexional a vindeira tempada. Enfronte estará o Praia de Covas, un equipo forxado con xente nova e moitas gañas de aprender a xogar ao fútbol, un equipo que non ten nada que perder, e que pese a súa clasificación, xoga moi ben ao fútbol e deixa xogar. Coma sempre, este blog ofreceravos “A Previa”, pero este, é un partido especial, un partido que os mindonienses debemos vivir dun xeito especial, e apoiar aos nosos futbolistas e entrenador nun día tan importante. Sabedores disto, dous mindonienses de pro como os amigos Zalo e Andrés Doural, fixeron sendas montaxes a modo de cartel para animar e apoiar o equipo a vez que movilizar aos veciños ao Viñas da Veiga a festa do fútbol en Mondoñedo.

Dende este blog, queremos facernos eco destes traballos de Zalo e Andrés, e co seu permiso ahí van:

As ideas de Zalo:

O cartel deseñado por Andrés:

Como xa sabedes, levamos toda a tempada informando, partido tras partido, da actualidade e resultados do noso equipo, e agora nun momento tan importante, queremos darlles todo o apoio e ánimo do mundo, para levar a bo porto o excepcional traballo de toda a tempada.

Adrián, Rosendo, Fabián, Miguel, Pepe, Campovello, Carro, Genito, Alberto, Noly, Felipe, Juan, Lucas, Jesús, Ramallal, Portela, Álvaro, Dani, Manuel e Jacobo. Hermelino. Directiv@s. GRAZAS A TODOS POLA MAGNÍFICA TEMPADA QUE ESTADES A FACER, so queda o último paso, e estamos seguros de que o Mondoñedo será equipo de 2ª o próximo ano.

FORZA MONDOÑEDO F.C.

©Marcos_Candia