VOLTAMOS. O Mondoñedo FC ascende a 2ª rexional

O Mondoñedo FC volta a segunda rexional do fútbol galego trala súa victoria desta tarde diante do Praia de Covas.

Tarde expléndida de fútbol a vista hoxe en Mondoñedo, non so polo que se xogaba o cadro local, tamén no aspecto metereolóxico e por suposto polo ambiente na grada, os mindonienses responderon e deronlle un gran colorido a grada do Viñas da Veiga, deixándoa prácticamente chea e incluso con algunha pancarta de apoio aos xogadores.

O partido comezou dende o minuto 1 dominado polo Mondoñedo que buscaba o gol sen cesar. Antes da media hora de xogo, os de Hermelino xa dispuxeran de ata 4 saques de esquina pero sen fortuna no remate final.

Pouco pasaba da media hora, min 33, cando o líder abreu a lata, e como non Manuel foi o encargado de facelo. Vive nun estado de forma envexable e esta a colleitar uns grandes números. Este primeiro gol chegou tras unha gran xogada de Genito pola esquerda, que se foi ata de tres marcadores, para deixar o balón a Portela que a súa vez cedeu a Manuel que non perdonou o primeiro.

Despois deste primeiro tanto, o Praia de Covas tivo unha tímida chegada a meta mindoninese, que Adrián respostou co seu acerto habitual. E nun abrir e fechar de ollos, no min 38 chegou o 2-0, ¿adiviñades de quen? de novo Manuel. Saque de falta de Carro e o ariete mindoniense remata de cabeza a gol, o partido estaba completamente encarrilado.

A raíz deste dous tantos o Mondoñedo xogou moito máis tranquilo, controlando de forma excepcional o xogo no medio campo, e incluso, antes de rematar este 1º período, os de Hermelino dispuxeron de máis ocasións. Campovello probaría fortuna cun forte disparo tras unha parede con Manuel, e en apenas 2 minutos sería Portela, o que remataría de cabeza un preciso centro do omnipresente Manuel, pero sen atopar porta.

Logo desta dúas ocasións, e xa ao final da 1ª parte, o Covas dispuxo do seu primeiro córner e tamén dunha falta pero ambas ocasións remataron sen perigo para a meta mindoniense, deixando o marcador en 2-0 ao descanso.

A segunda metade comezou co Mondoñedo de novo volcado no ataque, e no min 2, de novo un espectacular Manuel dispuxo dunha nova ocasión para marcar pero o seu lanzamento foise desviado por ben pouco. E en apenas 2 minutos máis sería o gran Noly o que tería o terceiro tanto nas súas botas, pero tras un bo centro de Rosendo, o seu remate foise lamendo o pao da porteira visitante. No min 13 de novo ocasión para Manuel que non atopou porta desta volta, e de seguido dous lanzamentos de esquina, ambos executados por Carro que tampouco remataron en gol. No 17 sería de novo Manuel, unha vez máis o que buscaría porta tras un bo centro de portela, pero desta vez atopouse coa boa respota do meta do Covas. O Mondoñedo someteu a un acoso incesante a meta do Praia do Covas en busca de máis goles e a sentenza definitiva do seu ascenso a 2ª. Pero claro está, os visitantes tamén estaban no campo, e despuxeron dunha moi boa ocasión para marcar o seu primeiro tanto, corría o min 18 e Adrián tivo que facer unha gran estirada para deter o balón cando este xa se coaba na súa meta.

No min 24, Manuel tivo que retirarse do campo por lesión e foise coa fonda ovación de toda a grada do Viñas da Veiga, pero non por este partido, senon pola súa gran tempada que está a culminar dun xeito expléndido.


Pero o partido seguía o seu rumbo e no min 30 chegou o 3-0. Un auténtico golazo de falta directa executada con gran destreza por Carro, que deste xeito paracía deixar sentenciado o encontro e o ascenso a 2ª para o Mondoñedo.

Con este marcador, e a falta dun cuarto de hora o ascenso do Mondoñedo xa non se podía escapar, pero o Praia de Covas seguiu buscando polo menos un tanto, e este puido chegar no min 35 tras un bo disparo do Covas pero un atendo Adrián detivo a bola sen complicacións. E de novo no min 40 Adrián detivo un gol cantado do equipo visitante, tras un bo centro pola esquerda que era medio gol, pero o atento meta mindoniense cortou o perigo.

Xa co partido agonizando Ramallal dispuxo dunha boa ocasión a pase de Dani pero o seu remate foi a córner, un novo saque de esquina dos infinitos dos que despuxo hoxe o cadro de Hermelino, un equipo que rallou a un gran nivel e certificou o seu ascenso a 2ª rexional con un gran partido e por suposto como culmen a unha excepcional tempada.

O final do partido 3-0, e ambientazo no Viñas da Veiga, xogadores, técnico, directiva e aficción celebraron como se merece este importante paso para o Mondoñedo FC.

Agora a celebralo como se merece, tras todo o traballo desta tempada, pero sen esquecer que quedan dous partidos, a visita a Ourol, e o enfróntamento da última xornada diante do Pol, como último obxectivo desta liga o Mondoñedo debe loitar por ser CAMPIÓN do seu grupo. Debemos recordar que o Mondoñedo, dende a 1ª xornada de Liga, é líder ou colíder do grupo.

EN HORA BOA!!! CULTURA E OCIO SÚMASE A FESTA DO FÚTBOL EN MONDOÑEDO. GRAZAS RAPACES! GRAZAS HERMELINO


Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Miguel – Pepe – Genito – Campovello – Carro – Noly – Portela – Álvaro e Manuel

Trocos: Felipe por Campovello (min 20 2ª parte), Dani por Manuel (min 24 2ª parte), Jesús por Noly (min 32 2ª parte), Ramallal por Álvaro (min 32 2ª parte) e Fabián por Genito (min 38 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga. Cespede en regulares condicións. A grada excepcional. Mondoñedo volcado co seu equipo e vivindo, como debe ser, un merecido ascenso.

©Marcos_García ©Marcos_Candia

Unha reflexión sobre “VOLTAMOS. O Mondoñedo FC ascende a 2ª rexional”

Os comentarios están pechados.