A Previa: SD Ourol – Mondoñedo FC

Penúltima xornada de Liga para o Mondoñedo FC. Un Mondoñedo que xa conseguiu o seu ascenso matemático a pasada xornada diante do Praia de Covas. Agora o Mondoñedo debe pelexar por sen campión de grupo, para elo ten sumar, polo menos, un punto máis que o Pol, 2º na clasificación empatado cos do Viñas da Veiga; podería valerlle ao Mondoñedo tamén o empate a puntos cos polenses, pero neste caso, so se na última xornada o Mondoñedo gaña ao Pol, que visitará o Viñas da Veiga, por unha diferencia superior aos tres goles (na 1ª volta, o Pol venceu no seu campo ao Mondoñedo por 3-0).

SD – Ourol – Mondoñedo FC

Domingo 21 de abril as 17:00 h

Colexiado: D. Abraham Vázquez Alemparte

Campo: “O Coto”, Ourol. Se queres animar ao Mondoñedo na súa pelexa polo campionato, aquí tes toda a información de como chegar.

O Mondoñedo, xa é felizmente equipo de Segunda Rexional, para a próxima tempada. Pero quedan ainda 2 xornadas do actual curso, onde como diciamos, o Mondoñedo xógase a praza de campión de Liga. Nesta xornada visitan a difícil cancha da SD Ourol.

O Ourol marcha 6º na Liga, clasificado xa matemáticamente para o Play Off de ascenso. Ten 48 puntos, colleitados tras 14 victorias, 6 empates e outras tantas derrotas. No seu haber conta con 47 goles a favor e 32 en contra, sendo así o equipo con menos goles a favor, e máis en contra, dos seis primeiros.

Na primeira volta, o Ourol sucumbiu por 5-1 no Viñas da Veiga. Sendo así o Mondoñedo, o único equipo, esta tempada, que conseguiu marcarlle máis de 4 goles ao Ourol. Un Ourol que está nunha traxectoria descendente; comezou moi ben a liga, sumando 15 dos primeiros 18 puntos en xogo para eles, sen embargo dos últimos 6 partidos so sumou os tres puntos en tres deles, empatando outros dous diante equipos teóricamente “inferiores” e deixándose os tres puntos diante do Abadín, rival directo no Play Off.

Como local o Ourol sumou 8 victorias, 2 empates e 2 derrotas, que pasamos a detallar. Gañou fronte o Pol (2-1), Codesido (5-0), Galdo (2-1), San Antonio (3-2), San Román (4-2), Praia de Covas (4-2), Goiriz (3-1), Celta Barreiros (2-1) e Roupar (3-1). Empatou fronte o Abadín (1-1) e o Cazás (2-2). E sufrio as 2 derrotas diante do Folgueiro e o Momán (ambas 1-2).

Se analizamos, rápidamente, os seus datos como local, atopámonos con que ningún equipo da zona alta da Liga foi quen de gañar en “O Coto”, onde tan so o Abadín (5º) sumou un punto, caendo derrotados o Pol (2º), o San Román (3º) e o Celta Barreiros (4º).

Será pois un partido complicado para o Mondoñedo, que xa xogara coa relaxación de saberse ascendido antes do partido, pero tamén coa tensión de lograr o campionato de Liga.

Hermelino para este partido non pode contar con varios homes. Alberto que segue sancionado. Jacobo que non está recuperado da súa lesión. Juan e Manuel que por motivos persoais non poden estar nesta cita. Tampouco conta o míster con Ramallal por decisión técnica. Deste xeito a convocatoria para este partido queda do seguinte xeito:

Adrián – Rosendo – Fabián – Miguel – Pepe – Genito – Álvaro – Felipe – Lucas – Campovello – Carro – Noly – Portela – Jesús e Dani

©Marcos_Candia