O Mondoñedo empata a uns nun partido sen historia en Ourol

Ourol e Mondoñedo empataron na tarde de onte a uns no campo de “O Coto”, nun partido con pouca historia onde o Ourol xogaba co Play Off asegurado e o Mondoñedo co ascenso na mesma situación.

Ben cedo, no min 3, o Ourol aproveitou unha falta ao seu favor para poñer o 1-0 no marcador. Dende a zona de bancos o lateral esquerdo do cadro ourolés puxo o balón no área do Mondoñedo, e ante a indecisión da defensa do cadro mindoniense, un xogador local rematou libre de marca diante dun Adrián que nada puido facer.

Co marcador en contra dende tan axiña, o Mondoñedo tentou apretar arriba en busca do empate, un empate que chegou no min 18 e tamén a balón parado. Falta escorada a dereita do ataque mindoniense, que executa Carro e tras un rexeite, un atento Campovello remata contra a rede local, levando así as táboas ao taboleiro.

Como diciamos foi un partido sen moita “miga”, e despois deste 1-1 o partido entrou nun estado de relax xeralizado, destacar duas ocasións do Mondoñedo na segunda metade, unha de Portela que manda o balón alto diante da saída do meta local, e outra para Dani, que logo de varios rexeites, consegue coller o balón pero o seu remate final, cando xa entraba na porta do Ourol foi rexeitado por un compañeiro.

Así pois empate a un, e reparto de puntos entre Ourol e Mondoñedo.

Queda so unha xornada de Liga, o último partido será no Viñas da Veiga, a próxima fin de semana, e a clasificación quixo que neste partido, os dous equipos que se enfrontan, Mondoñedo e Pol, se xogen o campionato de Liga, de gañar, o Mondoñedo proclamaríase campión de Liga, un empate ou derrota daría ao Pol como campión. Haberá que esperar pois ata a fin de semana para derimir o campión final de Liga, de seguro que o Viñas da Veiga voltará a rexistrar unha gran entrada para un partido que promete ser apaixoante e disputado.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Pepe – Miguel – Genito – Felipe – Campovello – Carro – Noly – Jesús e Portela

Trocos: Álvaro por Portela, Dani por Jesús, Lucas por Felipe e Fabián por Campovello

Campo: “O Coto”. Céspede bastante duro. Boa presenza de aficcionados.

©AG_Doural ©Marcos_Candia