A Previa: Mondoñedo FC – SD Pol

A Liga chega ao seu fin. Mondoñedo e Pol, ambos ascendidos, xogaránse este domingo o título honorífico de campión da categoría. Será un partido entre os dous mellores da categoría tal e como indican os seus números, que cerrada unha das mellores campañas para o Mondoñedo FC.

Mondoñedo FC – SD Pol

Domingo 28 de abril as 17:00 h

Colexiado: D. Francisco García Pardo

Campo: Viñas da Veiga

A continuación reproducimos o cartel que o noso amigo Andrés Doural, deseñou para a ocasión. O título de campión en xogo.

Dende logo o partido ten todolos alicientes para converterse nun auténtico espectáculo futbolístico. O Mondoñedo que parte 2º fronte o Pol actual líder da categoría. Unha victoria mindoniense daríalles o título, o empate ou a victoria polense, levaría o campionato para a Terra Cha.

Analizamos, como todas as xornadas, o rival do Mondoñedo, desta volta, e a tenor dos números, un grandísimo rival como colofón a unha estupenda Liga.

O Pol marcha, como dicíamos, no primeiro posto da Liga, con 65 puntos, 2 máis que o Mondoñedo. Conta con 21 partidos gañados, 2 empates e 4 derrotas. 54 goles a favor, sendo así o 4º equipo máis anotador xunto co Barreiros e por detrás do San Román 55 goles, Abadín 57 goles e Mondoñedo, máximo anotador con 64. Pola contra encaixou 22 goles, sendo o equipo menos goleado da categoría, seguido neste senso polo Mondoñedo que encaixou 23 goles.

Os seus datos como visitante na Liga, arroxan un balance de 10 victorias, 1 empate e 3 derrotas. As victorias foron colleitadas en Galdo (1-3), San Antonio (1-2), Covas (0-1), Goiriz (0-2), Momán (1-2), Barreiros (0-1), Folgueiro (0-4), Roupar (0-1), Abadín (0-1) e Cazás (1-2); un empate en Folgueiro (2-2) e tres derrotas todas por 2-1 en San Román, Ourol e Codesido.

Destos datos como visitante destacamos que as tres derrotas do Pol se produciron nas tres primeiras saídas do campionato, nas posteriores o Pol non volveu a perder. Ademáis comentar, que dos últimos 30 puntos en xogo, o Pol fixo pleno, con 7 visitas e 7 victorias e 3 partidos como local e outras tantas victorias. Un aliciente máis para facer especial o partido deste domingo no Viñas da Veiga. 

Por outra banda, falamos con Hermelino sobre a actualidade do Mondoñedo e a preparación para este importante partido como colofón da Liga regular, Hermelino espera “un partido complicado, contra un equipo moi forte defensivamente e que xoga un contraataque rapidísimo. Pola nosa parte trataremos de contrarrestar o seu xogo e tratar de conseguir a victoria en base a unha boa defensa e fútbol combinativo como sempre”.

Para este encontro o míster do Mondoñedo conta con todo o seu plantel a excepción de Jesús que sentiu molestias durante os adestramentos da semana, Manuel por motivos persoais e Genito, que viu o 5º cartón amarelo no encontro co Ourol e cumpre sanción neste partido.

Deste xeito a convocatoria de Hermelino, está formada por 17 homes, a espera de que maña faga un último descarte antes do partido

Adrián – Fabián – Rosendo – Miguel – Pepe – Campovello – Alberto – Carro – Felipe – Noly – Juan – Lucas – Ramallal – Portela – Álvaro – Dani e Jacobo

©Marcos_Candia