A SD Pol proclámase campión de Liga no Viñas da Veiga

Na tarde deste domingo rematou a Liga para o Mondoñedo FC, e fixoo cun partido diante da SD Pol, ambos equipos xa ascendidos xogáronse o posto de campións. O final, o Pol sacou unha victoria do Viñas da Veiga, e proclamouse, merecidamente, campión de Liga. Deuse tamén a circunstacia de que foi a primeira e única vez na tempada que a aficción do Viñas da Veiga veu unha derrota do seu equipo como local, todo un dato a ter en conta sobre a excepcional campaña dos pupilos de Hermelino.

Comezou o partido con un Mondoñedo moi metido atrás, sen circulación de balón no medio campo e por conseguinte sen chegadas arriba. Con este paromara o Pol, atopábase cómodo sobre o céspede do Viñas da Veiga, sen apuros e sacando varios córnes e faltas perigosas; deste xeito no min 17 chegaría o primeiro e único tanto do encontro, tras un saque de esquina dos polenses, o balón sae rexeitado a frontal da área e un home do Pol remata sen oposición e logra batir a Adrián poñendo o 0-1 no marcador. A resposta do Mondoñedo chegaría no min 23, con unha boa falta executada por Carro, que se marcha fora por moi pouco. No 32 nova ocasión para o Mondoñedo, tras unha gran internada de Alberto por banda que centra para o remate de Portela, que por pouco non consegue o primeiro tanto para o Mondoñedo. Antes de rematar esta primeira parte, o Pol, quedouse con 10 homes; o colexiado, ante a sorpresa de todos os presentes, decide amosar o segundo cartón amarelo ao xogador visitante tras unha falta no medio campo, sendo así expulsado. Deste xeito, co marcador a favor do Pol e cun home menos o equipo visitante, rematou a primeira parte.

Ao comezo do segundo período o Pol despuxo dunha nova ocasión para aumentar a súa renda, no min 50 un xogador polense remata fora cando os aficcionados visitantes na grada xa cantaban o gol. Hermelino comezou a facer trocos vendo que as cousas non tornaban a favor tralo descanso. No mi 65 Carro de novo de falta directa, estivo a punto de conseguir o gol, pero o meta do Pol conseguiu desviar o seu balón fora. A última ocasión para o Mondoñedo, chegaria no min 84, sería para Noly, que de cabeza consegue elevarse por riba da defensa visitante pero atópase coa espectacular resposta do meta do Pol. Antes do final, o Mondoñedo tamén se quedaría con 10, o colexiado sacaba cartón vermello directo a Rosendo, que o final non tería ningunha transcendencia no marcador.

Así pois, o partido remataria co 0-1 a favor da SD Pol, proclamándose así campións de Liga regular, de xeito completamente merecido. Un equipo que foi de menos a máis na liga, e que dos últimos 33 puntos en xogo fixo pleno. En hora boa ao Pol. E por suposto tamén ao Mondoñedo, que xunto co Pol, son xa equipos da segunda rexional. Ademáis, os de Hermelino, conseguen ser o equipo máis goleador da Liga, e o segundo menos goleado, tamén, o Mondoñedo, foi o equipo que menos partidos perdeu na Liga regular, un total de 3, dous deles precisamente contra o Pol e o outro no campo do Barreiros.

En breve comezara a Copa Diputación, da que este blog, tentará dar cumplida información sobre a actuación do equipo mindoniense.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Pepe – Miguel – Alberto – Felipe – Campovello – Noly – Carro – Dani e Portela

Trocos: Lucas por Campvello, Juan por Felipe, Álvaro por Dani, Ramalla por Portela e Jacobo por Pepe.

Campo: Viñas da Veiga. Campo en regulares condicións. Nas gradas boa presenza de aficcionados tanto locais como chegados dende Pol que puideron celebrar a consecución do campionato de Liga.

©AG_Doural ©Marcos_Candia