Imaxes Cedidas: Colaboración Taxi Mondoñedo

Novas imaxes para a sección “Fotos Cedidas“.

Desta volta, o noso amigo e veciño, Pepe, taxista de profesión, inicia unha colaboración con este blog. “Taxi Mondoñedo” que así se fai coñecer na rede, Pepe, é un apaixoado da imaxe, e como tal, sube ao seu espazo en Facebook imaxes das súas viaxes, moitas deles de recunchos da cidade de Mondoñedo.

Precisamente estas imaxes, da cidade mindoniense, estarán dende hoxe dispoñibles tamén aquí, en Cultura e Ocio. Unha vez por semana, poranse as novas fotos que Pepe, colleite no seu día a día.

Dar as grazas a Pepe pola súa colaboración. Se queredes ver máis fotos del podedes facelo dende estes enlaces as súas redes sociais:

Web Taxi Mondoñedo, Facebook Taxi Mondoñedo, Twitter Taxi Mondoñedo.

As fotos desta semana son as seguintes:

“Barrio dos Muiños”

“Fonte Vella”

“Pazo de San Isidro”

“Rincón Mindoniense”

“Río Tronceda”

“Rúa Leiras Pulpeiro e Convento”

©Marcos_Candia

As escolas “Molou” ao poder

As Escolas Deportivas de Mondoñedo e Lourenzá están de en hora boa.

Esta pasada fin de semana, as mozas dos equipos de baloncesto foron quen de lograr 2 títulos para as escolas “Mondoñedo – Lourenzá”.

Dende este blog, queremos dar as grazas a Raúl, por toda a información que nos facilitou, e que reproducimos a continuación, así como dar a en hora boa as escolas polos exitos colleitados, e porque seguro, colleitarn moitos no futuro, dende logo as bases son máis que sólidas.

“Esta fin de semana as “Escolas Deportivas de baloncesto Mondoñedo – Lourenzá” (MO LOU), participaron nas competicións de copa nas categorías benxamín, alevín e infantil.

As benxamíns, fixérono por primeira vez, participando nun partido fronte o Ribadeo. A pesar da derrota, deron o primeiro paso para medrar como equipo.

En canto as alevíns, pasaron por enriba do Viveiro na final , gañando por unha marxe superior os 50 puntos. Contamos cunha gran xeración de rapazas, capitaneadas por catro xogadoras de sexto que pasan o vindeiro curso a categoría infantil, e que de seguro daran moito de que falar.

A competión máis complexa foi a de infantil. Onde as xogadoras de MO LOU se enfrontaban nun formato triángular ao campeón de liga, o Martínez Otero de Foz, e a o Burela. Os dous primeiros do triángular volvían a xogar a gran final. No primeiro partido, despois de ir gañando por máis de 10 puntos, deixamos escapar esa vantaxe, para acabar perdendo de 1 no último cuarto do partido. Pecamos de novatos e non soubemos fechar ben o encontro despois de facer un bo xogo. O segundo choque, caracterizouse por unha grandísima defensa de todo o cadro, deixando ao rival con tan so 2 puntos na primeira metade. No ataque, volveu a salir o mellor do equipo, capitaneadas por as duas bases, Melani e Carla; acompañadas por unha aleiro, reconvertida a pivot para este campionato, Claudia. No derradeiro encontro, MO LOU, chegou de novo a ter unha vantaxe de máis de 10 puntos no marcador. Atacamos como nunca o sistema en zona, que se nos atascara no primeiro partido, e cando o rival cambiou a defensa individual, tamén se atacou con moita cabeza. Acompañounos tamén unha grandísima actitude defensiva de todo o cadro.  Nos tres encontros cabe destacar a labor das máis habituais. Así pois, a impresionante defensa de Jeny, os puntos en momentos difíciles de Cris, Iria e Nadia e o descaro da pequena Ana, con bloqueos, ou entradas a canasta, fixeron que non se escapara a final.

Destacar tamén a lesionada Paula. Incluso coa lesión, xogou uns minutos, e axudou moitísimo ao equipo. Foi a encargada de recoller a copa en infantís.

Así pois un pequeno premio, para unha gran xeración de xogadoras, pero do que facemos partícipe a todas as categorías e a todos os voluntarios que acompañan as escolas”.

De novo grazas a Raúl pola súa colaboración.

©Marcos_Candia

V Maratón de fútbol Sala “O Pasatempo”

Un ano máis a Asociación Cultural “O Pasatempo” organiza unha maratón de fútbol sala na cidade de Mondoñedo, que chega xa a V edición. Este ano será os días 6, 7 e 8 do vindeiro mes de xuño.

Dende a Asocación fannos chegar unha nota de prensa con toda a información deste evento:

V Marathon de fútbol sala O Pasatempo
Despois de catro anos organizando este torneo, a Asoc. Cultural O Pasatempo convoca unha nova edición para a primeira fin de semana do mes de xuño. Os días 7, 8 e 9 o pavillón de Mondoñedo acollerá de novo a equipos da comarca e outras provincias.
Nesta edición os premios serán os seguintes:
– 1º clasificado 1.500 € + trofeo
– 2º clasificado 600 € + trofeo
– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
– Mellor equipo local 100 € +trofeo
Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.
A data límite para inscribirse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores.
Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 – 651958770 (tamén por whatsapp).”

Asique xa sabedes, non existe escusa para non achegarvos e participar neste torneo que xa se consolida no calendario de maratóns de Galicia.

©Marcos_Candia

O Iberia deixa fora da Copa o Mondoñedo

O Mondoñedo FC caeu derrotado por 4-2, diante do Iberia CF, quedando así fora da XXX Copa Diputación na primeira ronda; unha copa que terá como final o estadio Viñas da Veiga da cidade episcopal.

O partido comezou cun Iberia que presionaba a saída do balón do equipo de Hermelino, xa que logo os de Barreiros, precisaban remontar o 1-0 da ida. Pero o primeiro en golpear foi o Mondoñedo, que saiu moi ben a contra nestres primeiros compases do partido. Así no min 4 os mindonienses rouban un balón no medio campo que chega en inmellorables condicións a Alberto, un Alberto que non desperdicia a xogada e bate por baixo o meta do Iberia poñendo así o 0-1 no marcador. O Mondoñedo despois deste gol inicial despuxo de máis ocasións para aumentar a súa vantaxe, así no min 7, de novo Alberto, realiza unha xornada persoal que remata co seu disparo contra o lateral da rede. No min 11, chegaría a primeira clara para os locais, pero un atento Adrián dente o balón sen problemas. Xa no min 20 chegaría o segundo gol do Mondoñedo, e de novo sería un inspirado Alberto, que recibe o balón tras unha boa triangulación do centro do campo mindoniense, a defensa do Iberia estaba adiantada e Alberto cunha gran vaselina coa o esférico por segunda vez na porta local, 2-0. Con este resultado no marcador nada parecía indicar que a eliminatoria se fose escapar para o Mondoñedo, pero nada máis lexos da realidade. No min 24 chegaría o primeiro gol local, ante unha branda defensa do Mondoñedo un xogador do Iberia, so no área pequena logra batir a Adrián, poñendo así o 1-2. Antes do descanso ainda habería tempo para tres xogadas máis, a primeira no min 32, o Mondoñedo recupera o balón no medio campo e con un pase en longo a Alberto conseguen zafarse de toda a defensa do Iberia, pero cando o ariete mindoniense xa poñía a directa cara o área local, o colexiado decide sinalar unha falta a favor do Mondoñedo no medio campo, non aplicando así unha clara lei da vantaxe. Para rematar este primeiro período, no 44, o árbitro sinala un claro penalti na área do Mondoñedo, pero un acertado Adrián logra deter o balón cos seus pes evitando así que o empate campara no marcador ao descanso.

No segundo período, o Mondoñedo, unha vez máis, sae moi metido atrás no terreo de xogo, cedendo todo o control do balón ao Iberia. Ante esta situación e con un Mondoñedo incapaz de sacar o balón controlodo, sin intensidade nin contundencia, o Iberia foi quen de poñer no marcador o 3-2 dando a volta así ao partido pero non a eliminatoria. Logo destes compases iniciais o Mondoñedo consegue reaccionar tímidamente e Portela logra roubar un balón no medio campo, e cando xa estaba plantado diante do área do Iberia o último defensor destes derribao cun agarrón, incomprensiblemente o colexiado mostralle cartón amarelo, cando claramente debería ser expulsado. No min 65 a balón parado, nova ocasión para o Mondoñedo, exucuta unha falta Carro e por centímetros non logra rematar Alberto. No min 72, nova ocasión para o Mondoñedo, desta volta Jacobo non atina a marcar cando o porteiro do Iberia estaba fora da súa meta. A sentencia defenitiva do choque, chegaría no min 78, tras un erro defensivo do Mondoñedo, a bola chega a un xogador do Iberia, que libre de marca na área pequena bate a Adrián por cuarta vez e dalle a volta a unha eliminatoria que parecía que non se lle escaparía ao Mondoñedo. Nos últimos minutos o Mondoñedo tentou un gol que o metera de novo na eliminatoria, primeiro Portela no min 80, que recibe o balón tras un pase de Ramallal, pero o seu disparo vaise por enriba do longueiro. No min 84, chegaría a última do encontro, Noly, tras unha gran internada pola banda, centra para que Portela remate, pero o balón pega na parte superior do longueiro e deixa fora desta Copa ao Mondoñedo. Nos últimos minutos o Iberia acabou xogando con 9 homes.

Ao Mondoñedo fíxoselle moi longo o encontro, e a intensidade do Iberia foi determinante para a eliminación do cadro mindoniense. Así pois cerrase unha boa tempada, na que Mondoñedo FC logrou o ascenso de categoría.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Miguel – Pepe – Álvaro – Felipe – Campovello – Carro – Noly – Jacobo e Alberto

Trocos: Juan por Campovello, Lucas por Felipe, Portela por Alberto e Ramallal por Jacobo

Campo: Pepe Barrera de Ribadeo (o campo do Iberia atópase en obras). Céspede en perfecto estado. Boa presenza de aficcionados nas gradas.

©Andrés_García ©Marcos_Candia

Dende “Cultura e Ocio” queremos dar as gracias a toda a xente que colaborou con nos durante toda a tempada para ofrecervos a información partido a partido do Mondoñedo FC. Foi un auténtico pracer.

As motos voltan a Mondoñedo

O Motoclube de Enduro, organiza esta vindeira fin de semana, días 11 e 12, a V edición do Raid Mondoñedo, ademáis coincidindo con este, celebrarase a XIV edición da copa TT 4 estacións que un ano máis fai parada na nosa cidade.

Os eventos comenzan o venres, a iso das 22 h, na Praza da Catedral, terá lugar a actuación do grupo ferrolán EMANENS BAND.

Xa para a fin de semana, o sábado, dende as 12 h, proba especial cronometrada, para decidir as posición da grella de saída. O domingo, dende as 9 h, no “polígono industrial”, saída estilo LEMANS, con 10 liñas de pilotos, onde se repetira o trazado do día anterior no polígono antes de saír a facer o Raid polos montes mindonienses, un Raid que se poderá ver en puntos como Figueiras, Valiño ou o Canal entre outros (recordade seguir as instruccións de seguridade do persoal de control da proba).

Xa pola tarde, as 15 h, terá lugar a entrega de premios na Praza do Concello, e a posterior despedida dos pilotos.

©Marcos_Candia