O Mondoñedo comeza a copa cunha victoria

Logo do flamante ascendo a segunda rexional, o cadro mindoniense comezou esta fin de semana a súa andaina da XXX Copa Diputación, para equipos de 2ª e 3ª rexional. A sorte quixo que o equipo de Hermelino se tivera que medir nesta primeira eliminatoria, a dobre partido, fronte ao Iberia CF, equipo que gañou a liga no seu grupo de 2ª rexional e conseguiu o ascenso a 1ª.

O choque comezou con un Mondoñedo algo metido atrás pero cun medio campo e defensa moi ben prantadas o que imposibilitaba que o Iberia fose capaz de facer xogadas trenzadas. A primeira ocasión do encontro chegou ao cuarto de hora de xogo e foi para Portela, que non consegue chegar a un balón dividido ante a rápida saída do meta local, moi protestada, pedindo xogadores e público a pena máxima. Pouco despois, no 22, sería Campovello o que probaría fortura, forte disparo o seu dende a frontal do área que se marcha a poucos centímetros do longueiro da meta visitante. O monólogo de ocasións locais foi constante neste primeiro período, e así no min 33 chegaría outra, desta volta para Ramallal que colle un balón morto dentro do área pero o seu disparo, algo frouxo, vaise ao lateral da rede. Xa nos últimos 5 minutos os locais desfrutarían de duas novas ocasións, unha iniciada por Carro, que mete un pase en profundidade a Álvaro para o centro deste, que se pasea por diante da liña de gol sen atopar un rematador. A última, no min 43, foi para Lucas, que recolle un pase de Ramallal, e executa un certeiro disparo que bate contra o pao da porta do Iberia. Así chegaría o descanso, co 0-0 inicial no marcador, demasiado premio para o Iberia tralas moitas ocasións colleitadas por un bo Mondoñedo.

A segunda metade, sería máis do mesmo, cun Mondoñedo batallador na procura dun gol que o puxera en vantaxe na eliminatoria. Así no min 53 chegaría a primeira ocasión deste período, Portela cede un balón atrás para que Carro, que chegaba en carreira execute un disparo que se marcha fora por pouco. 10 min máis tarde Portela desputa e gaña un balón, a defensa do Iberia, cedendo este a Lucas que chuta tamén fora por pouco. O gol local era cuestión de minutos. E chegou, por fin, no min 70 de partido, foi a balón parado, falta executada por Carro, e remate de cabeza, dun soberbio Portela que pon o balón na mesma escadra, así chegaba o 1-0. Logo deste gol, o Iberia moveu o seu banco na procura de xente fresca e intentar chegar a meta de Adrián. Un Adrián que no min 74 tivo que intervir para deter un bo disparo dun xogador visitante dende a frontal do área. Nos últimos minutos chegaría unha das xogadas máis fermosas do encontro; saída dende a defensa do Mondoñedo, cunha parede entre Carro e Jacobo, o primeiro chega o costado do área rival e pon un preciso centro para o remate de Alberto que é respostado polo meta do Iberia, o reixeite deste colleo Noly pero de novo o meta visitante refacéndose da parada anterior, consegue desviar o balón a esquina. No min 84, chegaría a última ocasión do Iberia, que apunto estivo de conseguir o empate, cun centro que se paseou polo área pequena sen atopar rematador.

Así, chegou o remate do encontro co 1-0 para o Mondoñedo, un resultado que se antolla corto tralo visto no céspede do Viñas da Veiga; o Mondoñedo mereceu máis vantaxe para o partido de volta desta eliminatoria, que se desputará o vindeiro sábado as 18:00 h no estadio “Pepe Barrera” de Ribadeo, xa que o campo do Iberia está en obras.

Datos:

Aliñación: Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Genito – Lucas – Campovello – Carro – Noly – Ramallal e Portela

Trocos: Felipe por Lucas, Alberto por Portela, Jacobo por Ramallal, Juan por Genito e Jesús por Noly

Céspede: Viñas da Veiga. Campo duro e irregular. Boa asistencia de aficcionados para presenciar esta ida da XXX Copa Diputación

©AG_Doural ©Marcos_Candia