O Iberia deixa fora da Copa o Mondoñedo

O Mondoñedo FC caeu derrotado por 4-2, diante do Iberia CF, quedando así fora da XXX Copa Diputación na primeira ronda; unha copa que terá como final o estadio Viñas da Veiga da cidade episcopal.

O partido comezou cun Iberia que presionaba a saída do balón do equipo de Hermelino, xa que logo os de Barreiros, precisaban remontar o 1-0 da ida. Pero o primeiro en golpear foi o Mondoñedo, que saiu moi ben a contra nestres primeiros compases do partido. Así no min 4 os mindonienses rouban un balón no medio campo que chega en inmellorables condicións a Alberto, un Alberto que non desperdicia a xogada e bate por baixo o meta do Iberia poñendo así o 0-1 no marcador. O Mondoñedo despois deste gol inicial despuxo de máis ocasións para aumentar a súa vantaxe, así no min 7, de novo Alberto, realiza unha xornada persoal que remata co seu disparo contra o lateral da rede. No min 11, chegaría a primeira clara para os locais, pero un atento Adrián dente o balón sen problemas. Xa no min 20 chegaría o segundo gol do Mondoñedo, e de novo sería un inspirado Alberto, que recibe o balón tras unha boa triangulación do centro do campo mindoniense, a defensa do Iberia estaba adiantada e Alberto cunha gran vaselina coa o esférico por segunda vez na porta local, 2-0. Con este resultado no marcador nada parecía indicar que a eliminatoria se fose escapar para o Mondoñedo, pero nada máis lexos da realidade. No min 24 chegaría o primeiro gol local, ante unha branda defensa do Mondoñedo un xogador do Iberia, so no área pequena logra batir a Adrián, poñendo así o 1-2. Antes do descanso ainda habería tempo para tres xogadas máis, a primeira no min 32, o Mondoñedo recupera o balón no medio campo e con un pase en longo a Alberto conseguen zafarse de toda a defensa do Iberia, pero cando o ariete mindoniense xa poñía a directa cara o área local, o colexiado decide sinalar unha falta a favor do Mondoñedo no medio campo, non aplicando así unha clara lei da vantaxe. Para rematar este primeiro período, no 44, o árbitro sinala un claro penalti na área do Mondoñedo, pero un acertado Adrián logra deter o balón cos seus pes evitando así que o empate campara no marcador ao descanso.

No segundo período, o Mondoñedo, unha vez máis, sae moi metido atrás no terreo de xogo, cedendo todo o control do balón ao Iberia. Ante esta situación e con un Mondoñedo incapaz de sacar o balón controlodo, sin intensidade nin contundencia, o Iberia foi quen de poñer no marcador o 3-2 dando a volta así ao partido pero non a eliminatoria. Logo destes compases iniciais o Mondoñedo consegue reaccionar tímidamente e Portela logra roubar un balón no medio campo, e cando xa estaba plantado diante do área do Iberia o último defensor destes derribao cun agarrón, incomprensiblemente o colexiado mostralle cartón amarelo, cando claramente debería ser expulsado. No min 65 a balón parado, nova ocasión para o Mondoñedo, exucuta unha falta Carro e por centímetros non logra rematar Alberto. No min 72, nova ocasión para o Mondoñedo, desta volta Jacobo non atina a marcar cando o porteiro do Iberia estaba fora da súa meta. A sentencia defenitiva do choque, chegaría no min 78, tras un erro defensivo do Mondoñedo, a bola chega a un xogador do Iberia, que libre de marca na área pequena bate a Adrián por cuarta vez e dalle a volta a unha eliminatoria que parecía que non se lle escaparía ao Mondoñedo. Nos últimos minutos o Mondoñedo tentou un gol que o metera de novo na eliminatoria, primeiro Portela no min 80, que recibe o balón tras un pase de Ramallal, pero o seu disparo vaise por enriba do longueiro. No min 84, chegaría a última do encontro, Noly, tras unha gran internada pola banda, centra para que Portela remate, pero o balón pega na parte superior do longueiro e deixa fora desta Copa ao Mondoñedo. Nos últimos minutos o Iberia acabou xogando con 9 homes.

Ao Mondoñedo fíxoselle moi longo o encontro, e a intensidade do Iberia foi determinante para a eliminación do cadro mindoniense. Así pois cerrase unha boa tempada, na que Mondoñedo FC logrou o ascenso de categoría.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Miguel – Pepe – Álvaro – Felipe – Campovello – Carro – Noly – Jacobo e Alberto

Trocos: Juan por Campovello, Lucas por Felipe, Portela por Alberto e Ramallal por Jacobo

Campo: Pepe Barrera de Ribadeo (o campo do Iberia atópase en obras). Céspede en perfecto estado. Boa presenza de aficcionados nas gradas.

©Andrés_García ©Marcos_Candia

Dende “Cultura e Ocio” queremos dar as gracias a toda a xente que colaborou con nos durante toda a tempada para ofrecervos a información partido a partido do Mondoñedo FC. Foi un auténtico pracer.