Día de Galicia

Hoxe 25 de Xullo de 2.013, debía ser un día de festa en toda Galicia, pero onte a tarde-noite, a ledicía da véspera do día grande de Galicia, converteuse en pena, tristeza, rabia e impotencia. Ainda a esta hora non é exacto o número de víctimas do tráxico accidente ferroviario acaecido nas inmediacións de Santiago.

Dende este humilde Blog, queremos solidarizarnos con todos e cada un dos familiares dos viaxeiros do tren accidentado, así como dar as grazas ao pobo galego, pola súa rápida resposta ante a necesidade, a todos os servizos sanitarios que están alí presentes, forzas de seguridade, voluntarios… A CRTVG pola súa espectacular cobertura da traxedia durante horas e horas de directo que continuan no momento de escribir estas liñas.

Do mesmo xeito, queremos recordarlle ao resto de canles televisivas nacionais que GALICIA EXISTE. Que non é normal que unha canle de emisión nacional, véxase Telecinco, A3, TVE, etc, non interrompa a súa programación habitual para dar cobertura a feitos deste tipo.

Ogalla feitos como este nunca tiveran ocorrido. Agora é o momento de apoiar e respetar a familiares e achegados das víctimas.

25 de xullo, día de Galicia, día da solidaridade dun pobo que demostra unha vez máis a súa HUMANIDADE e capacidade de esforzo.

ORGULLOSOS DE SER GALEGOS.

XV edición do Mercado Medieval de Alfoz

O Castelo de Pardo de Cela e o seu entorno vivirán a XV edición do Mercado Medieval de Alfoz. Será os vindeiros días 19 e 20. Unha interesante oferta para a fin de semana da próxima semana, que xa se consolida no almanaque turístico da Mariña Lucense.

Ao pe destas liñas axuntaños o cartel deste ano así como o programa do Mercado, no que terán lugar actos do máis diverso, dende rutas de sendeirismo, pasando por voo de aves de cetrería, concertos, xogos ecuestres, teatro, cea medieval, misa medieval, entre outros.

©Marcos_Candia