Fotos Cedidas: “A Pena do Vento”

Ala por xullo do pasado ano, este blog, publicaba un artigo referente a curiosa “Pena do Vento“; unha rocha situada nos montes da Toxiza ven preto de Tronceda.

Pois ben, un dos nosos lectores, Xusto, pediunos información de como chegar exactamente ao lugar, e agora tras visitala os pasados días, coincidindio coa súa estancia en Mondoñedo, fainos chegar unhas fermosas imaxes da rocha e do lugar que a arrodea.

Moitas gracias a Xusto, por seguir este blog e por colaborar tamén co mesmo, a través de imaxes (podedes velas a tamaño completo facendo click enriba delas). Se ti queres colaborar con este medio tamén podes facelo, so tes que contactar connosco no seguinte mail: culturaeocio@hotmail.es.

©Marcos_Candia

Álbume fotográfico: XXII Mercado Medieval de Mondoñedo

Fai unhas horas chegou ao seu fin a XXII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo. Foron miles os turistas que se achegaron a cidade mindoniense, dende o vernes, para revivir a época medieval nun marco incomparable.

Este blog quere ofrecervos unha pequena galería fotográfica con algúns dos momentos máis destacados da celebración. Grazas a todos por colaborar nas imaxes, que agora quedan aquí reflectivas. Podedes ver o álbume completo entrando neste enlace: “XXII Edición do Mercado Medieval, Mondoñedo 2.013” ou tamén na seguinte presentación.

©Marcos_Candia

Fotos Cedidas: SD Mindoniense

Voltamos cunha nova imaxe que un dos nosos amigos nos envía para o desfruto de todos e cada un de vos.

Mondoñedo e o deporte sempre estiveron unidos, e hoxe, grazas a Andrés García Doural, traémos unha imaxe histórica da formación da SD Mindoniense, nun dos seus encontros na 3ª división do fútbol español.

Forman na imaxe de esquerda a dereite e de arriba a abaixo: Sandamil, Torrado, Néstor, Rubén, Noly, Kike, Castro, Picoaga, Buján, Álex e Pollán. Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click enriba dela.

Xa sabedes que se queredes aportar as vosas imaxes, relacionadas con calquera aspecto de Mondoñedo, xa sexa actual ou histórico, so tendes que mandarnos un mail a culturaeocio@hotmail.es

©Marcos_Candia

Imaxes Cedidas: Colaboración Taxi Mondoñedo

Nova entrega de imaxes, para a nosa sección “Imaxes Cedidas”; e unha vez máis, chegan da man de Pepe “Taxi Mondoñedo“, oito instantáneas de diferentes puntos do noso Mondoñedo. Todas as imaxes poden verse a maior tamaño facendo click enriba delas.

Xa sabedes que podedes enviar as vosas fotos, relacionadas con Mondoñedo, para esta sección, a través do noso mail: “culturaeocio@hotmail.es”.

“Albergue de Peregrinos”

“Cantón”

“Cantón 2”

“IES San Rosendo”

“Igrexa do Carmen”

“Pelourín”

“Luz e sombra”

“Praza da Catedral”

©Marcos_Candia

Mercado Medival mindoniense, XXII edición

Un ano máis e xa van 22, Mondoñedo celebra unha das súas festas máis importantes e tradicionais, que dada as datas e interese, suma un importante regueiro de turistas a nosa cidade. Falamos do Mercado Medival, concretamente da XXII edición, que cumprirá neste 2.013, será os vindeiros días 9, 10 e 11, concentrado o forte dos festixos na fin de semana. A continuación achegamos o cartaz do evento e o tríptico con todos o programa, extenso como todos os anos, para non perder nin un minuto. Podedes ver as imaxes a maior tamaño se facedes click sobre delas.

©Marcos_Candia