Samaín en Mondoñedo

Na noite do próximo xoves 31 de outubro a ˝Asociación Cultural O Pasatempo” promove a celebración, un ano máis, da noite do Samaín. 

Pero os actos comezarán máis cedo, a iso das 18:00 h na casa da Cultura con actividades para os máis pequenos; as 19:30 reparto de castañas e percorrido polas rúas de “Truco ou Trato”. Ao remate o Bar Porriño sumase a festa, co reparto de castañas, viño e co son da boa música. 

Xa pola noite as 0:00 h, a maxia do samaín inunda Mondoñedo cunha queimada popular e un concurso de cabazas para adultos con premio! 

Marcos_Candia 

Cultura e Ocio © 2.013

IV Rota BTT “Rei Cintolo”

As bicis de montaña voltan un ano máis a nosa cidade. Será o próximo día 3 de novembro, cando se espera a presenza de ducias de afeccionados a este deporte, para participar desta proba que recorre boa parte da xeografía mindoniense, cun recorrido, este ano, de 45 km, cunha dificultade media. 

Tendes toda a info do evento na seguinte imaxe que podedes ver a maior tamaño se facedes click sobre a mesma. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

As San Lucas 2.013, a feira máis antiga de Galiza chega con forza

Un ano máis, a feira máis antiga de Galicia chega a cidade de Mondoñedo. Sera a súa semana grande de festexos coincidindo, o día máis espectacular o venres 18, propio do San Lucas, no que se espera, xunto co fin de semana, unha invasión de visitantes a nosa cidade. 

Xa están ao noso dispor todos os cartaz do evento, que se centra, como é habitual, na feira de cabalos, pero sen deixar de lado os concertos que este ano volven a Praza da Catedral. Músicos da talla de Budiño ou o grupo Di Elas no que aparece o premiado Luis Tosar, farán as delicias de mindonienses e visitantes. Ademáis no Auditorio terá lugar outro evento musical, desta volta Andrés Suarez dará un concerto neste recinto.

Todo isto e moito máis, é o que nos ofrecen este ano as San Lucas; podedes atopar todos os horarios dos eventos nas imaxes seguintes.  

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Enduro Cidade de Mondoñedo

Esta fin de semana terá lugar na cidade Mindoniense a primera edición do “Enduro Cidade de Mondoñedo”.

O sábado, durante a tarde, na Praza da Catedral, terán lugar as verificacións administrativas de cada piloto participante, e xa o domingo 6 comezará a carreira as 9:00 h con Padock e especial cronometrada no polígono de Mondoñedo. 

A continuación reproducimos o cartaz do evento.

Marcos_Candia

Culturaeocio © 2.013