Imaxes Cedidas: Merendeiro do Canal

A sección “Imaxes Cedidas” desta casa, non deixa de medrar. De novo o noso amigo e colaborador, Andrés García Doural, achéganos unha imaxe, histórica, de Mondoñedo. Data do ano 1.911, e nela podemos observar o merendeiro do Canal de Tronceda, coa súa mesa e sillas, sillas que a día de hoxe xa desapareceron, víctimas das inclemencias metereolóxicas e os actos vandálicos. No lugar, queda a mesa e uns restos de cemento. Neste punto, anos atrás, as xentes da nosa cidade desfrutaban de merendas e baños na poza cercana a estas rochas, onde comeza a espectacular caída de auga do Canal de Tronceda. Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click enriba dela.

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

De tapas por Mondoñedo

Un ano mais, os locais de Hostalaría de Mondoñedo achegannos os máis xeitosos manxares nunha nova entrega do Concurso de Tapas, que neste 2.013 chega a súa VII edición. Será os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

 

Un total de 12 locais faran as delicias dos paladares máis esixentes coas súas artes nas cociñas. Ademáis, para completar a oferta, a ACIA de Mondoñedo, promove o “1º Mercado Extraordinario“, que se desenrolara os días 30 de novembro e 1 de decembro no pavillón polideportivo Viñas da Veiga. 

Toda a información de ambos eventos, locais participantes, prezo das tapas, premios e horarios, téndelos nas imaxes ao pe destas liñas, que podedes ver a maior tamaño se facedes click enriba delas. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Álbume fotográfico: IV Rota BTT Rei Cintolo, Mondoñedo

Este pasado domingo tivo lugar en Mondoñedo a IV edición da ruta BTT Rei Cintolo, que este ano contou coa presenza de máis de 100 aficcionados a este espectacular deporte, que puideron desfrutar dunha ruta excepcional que os levou por varias das zonas máis fermosas da xeografía mindoniense.

Dende Cultura e Ocio, queremos ofrecervos un álbume fotográfico con máis de 150 imaxes da ruta. Se fuches partícipe da mesma búscate no noso álbume, onde se recollen as fotos da saída dende a Praza do Concello, e o paso dos ciclistas pola baixada anterior o punto de avituallamento. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Imaxes Cedidas: Colaboración Taxi Mondoñedo

Unha vez máis o noso amigo Pepe “Taxi Mondoñedo” móstranos a súa arte coa imaxe. Unha serie de 9 imaxes, da súa exquisita galería. Fotos de Mondoñedo e os seus arredores co toque artístico de Pepe, tan valorado polos seus seguidores, entre os que me incluio. Sen máis as fermosas imaxes do noso amigo. (Todas as imaxes poden verse a maior tamaño facendo click nelas).

Fonte Vella

IES San Rosendo

 Maariz

Monfadal

Rúa Pardo de Cela

Pelourín

Rúa Lence Santar

Rúa Pacheco

Tronceda

Marcos_Candia 

Cultura e Ocio © 2.013