Imaxes Cedidas: Merendeiro do Canal

A sección “Imaxes Cedidas” desta casa, non deixa de medrar. De novo o noso amigo e colaborador, Andrés García Doural, achéganos unha imaxe, histórica, de Mondoñedo. Data do ano 1.911, e nela podemos observar o merendeiro do Canal de Tronceda, coa súa mesa e sillas, sillas que a día de hoxe xa desapareceron, víctimas das inclemencias metereolóxicas e os actos vandálicos. No lugar, queda a mesa e uns restos de cemento. Neste punto, anos atrás, as xentes da nosa cidade desfrutaban de merendas e baños na poza cercana a estas rochas, onde comeza a espectacular caída de auga do Canal de Tronceda. Podedes ver a imaxe a maior tamaño facendo click enriba dela.

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

Unha reflexión sobre “Imaxes Cedidas: Merendeiro do Canal”

  1. É unha auténtica pena que ese sitio tan fermoso xa practicamente non exista, un merendeiro realmente maravilloso que só queda no recordo dalquela xente privilexiada que tivo a oportunidade de pasar tardes de domingo disfrutando nel e na poza. Que tristeza non poder, non querer ou non preocuparse de conservar sitios coma estes!

Os comentarios están pechados.