Chendo e Cuncas, nº 100

Temos o inmenso pracer e honor de presentar unha nova sección no blog. Chegan a Cultura e Ocio “Chendo e Cuncas”, creados por Zalo, e con 100 números xa no seu haber, son máis que famosos en todo Mondoñedo e arredor. Unha tira de imaxes, coa que o seu autor Zalo, trata en cada número temas da actualidade da nosa cidade.

E que mellor, para comezar esta nova sección, cun número tan especial como o 100. O seu título é  ¡¡Temos autovía!! Desfrutade das imaxes e o humor de Zalo, ao cal aproveitamos para darlle as grazas por colaborar con esta casa de xeito desinteresado con tan gran traballo. Agardamos que nos ofreza moitos máis números e teña 1.000 primaveras máis como a súa cidade.

 

 

“Chendo e Cuncas” é unha creacción propiedade de Zalo García, todolos dereitos reservados.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Eventos da hostalaría local de Mondoñedo

“O Rincón de Mondoñedo”, e o bar “O Porriño”, ofrécenos diversos eventos durante este mes de febreiro para as nosas noites na cidade das 1.000 primaveiras. 

Comezamos o venres día 14, San Valentín, no que “O Rincón de Mondoñedo”, invita as 10 primeiras parellas que reserven mesa para cear, a un SPA.

Despois do Rincón, chegará o turno do bar “O Porriño”, que o venres día 21, nos ofrece unha noite de teatro, co grupo Trípode Teatro e a súa obra Xuízo Anticorrupción, a partires das 23:00 h. 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014