2º aniversario desta casa, a vosa casa

Tal día coma hoxe, no 2.012, este blog saía a luz, así pois, Cultura e Ocio cumpre dous anos na rede. Dous anos aos que chegamos con case 13.600 visitas, máis de 6.000 ao ano de media, toda unha honra para este humilde blog. Son xa, con este, un total de 218 os artigos publicados e máis de 600 fotos no noso álbume de Flickr, un álbume que ten case 50.000 visitas as súas instantáneas nestes dous anos.

Debemos dar as gracias, unha vez máis, a todos e cada un de vos por facer deste blog outro medio de comunicación máis no voso día a día. 

De xeito especial, este blog, da tamén as gracias a todos e cada un dos seus colaborades, que dun ou outro xeito traballan con esta casa, todos de maneira totalmente desinteresada:

  • Armando Requeixo, autor de Criticalia, que colabora con esta casa aportando os artigos da Etnografía Mindoniense de Lence Santar.
  • Andrés García Doural, autor de Miscelánea Mindoniense, que presta os seus traballos históricos de Mondoñedo e as súas xentes, e imaxes do seu arquivo, para esta casa.
  • Pepe de Noriega, autor de Os de Noriega, que cede traballos do poeta Noriega Varela para este blog.
  • Suso Robles, que colabora con esta casa facilitando os cartaz da maioría dos eventos da nosa cidade.
  • A Asociación Cultural O Pasatempo, que nos fai partícipes de todas e cada unha das súas actividades.
  • A Taxi Pepe Mondoñedo, que nos cede espectaculares imaxe da nosa cidade captadas nas suas viaxes de traballo.
  • A todos as web/blog que nos teñen enlazados ou falan desta casa nalgún dos seus artigos.  
Cultura e Ocio comeza, a partir de maña o terceiro ano na rede, un ano no que pretendemos seguir medrando e chegando a máis e máis xente, para que Mondoñedo sexa coñecido en todos os recantos deste mundo virtual e tamén do real.
Benvidos pois ao 3º ano de Cultura e Ocio.
Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014