A exposición “Nimbos de Luz” pasará por Mondoñedo

Estamos de cheo no ano de Xosé María Díaz Castro, que neste 2.014 verá como se lle adica o día das Letras Galegas. Un guitiricense que pasou parte da súa infancia estudando no Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo.

Con tal motivo, creouse unha exposición, producida pola división Merlín Comunicacións de Galaxia, coordinada por Xosé Soutullo e patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que entre outras cidades estará tamén en Mondoñedo, no Real Seminario Conciliar Santa Catalina, no mes de agosto.

 

Dende o blog Criticalia, do crítico Armando Requeixo, a par que estudoso da Figura de Díaz Castro, e recente autor dunha tese doutoral sobre o mesmo, que lle mereceu a máxima calificación de académica de sobresaínte cum laude, podemos ver un Diario Díaz Castro, no que Armando, nos detalla a actualidade en torno a figura do autor Guitiricense, además ofrécenos tamén, información completa sobre a exposición “Nimbos de Luz“.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014