Xornada de Curtas e Festa da Árbore en Mondoñedo

A Asociación Cultural o Pasatempo organiza as II Xornadas de Curtas e a Festa da Árbore, actividades das que vos damos conta nesta entrada.

“II Xornada de Curtametraxes”

Na primeira fin de semana de abril (4, 5 e 6 abril), O Pasatempo celebrará a “II Xornada de curtametraxes O Pasatempo” para novos creadores, complementada cuns videos recopilatorios da cidade de Mondoñedo. Asistir a calquera destas proxeccións será gratuíto.

Por unha banda, ponse en marcha a “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá o sábado 5 de abril no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 7:30 da tarde. Nesta xornada proxectaranse varias curtametraxes, de entre 5 e 22 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por Gaitafilmes e Producciones de fin de semana; xoves creadores de Mondoñedo, Meira e outros lugares de Galicia. Éste sábado poderase ver “Simón”, “O Paquete”, “A Porta” e “Dous días dicen”, obras de Gaitafilmes; o documental “XV Mercado medieval de Alfoz” de Producciones de fin de semana; e “Bos días” e “Sálvame!”. Cabe destacar a presenza de varios membros de Gaitafilmes, que farán unha breve charla das súas curtas  nesta II Xornada, asi como da primeira longametraxe “Dhogs” que están a preparar.

Complementando esta “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” e tamen no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo, o venres 4 de abril ás 8 da tarde proxectarase o video “Calquer día en Mondoñedo…”parte 1, e o domingo 6 de abril ás 7:00 da tarde “Calquer día en Mondoñedo…”parte 2, video de creación propia da Asociación Cultural O Pasatempo (autor: José Luis Fernández “Keno”) e no que se recompilan de forma moi amena diversos videos da historia mindoniense, principalmente da década dos ´90  e 2000, incluindo algún da decada dos ´50 recuperados do NODO. 

Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós as actividades que O Pasatempo preparou para este primeiro fin de semana de abril.

+ INFORMACIÓN:

 Simón (2007)

Sinopse: Simón é diferente ós demais, case non ten amigos e dende pequeno vive atemorizado. O seu avó sempre lle dicía: “algún día alguén virá… virá e levaravos a todos, tan só se salvará aquel que permaneza baixo a auga Simón, baixo a auga…”. 

Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: II Premio no Certame Audiovisual da Universidade de Vigo.

 O Paquete (2009)

Sinopse: A comezos dos anos setenta, nunha pequena fronteira no medio de ningures, un rapaz portugués transporta día tras día un misterioso paquete cara o outro lado da fronteira. 

Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: Premio á mellor curta de ficción no festival CURTANAREDE’09. Nomeado a mellor dirección e mellor montaxe. 

A Porta (2010)

Sinopse: No sepulcral silencio da madrugada escóitanse golpes na porta dunha casa illada, o medo, a preocupación e a intriga apodéranse do seu habitante mentres unha estraña visita o leva a unha desconcertante situación. 

Produción: Andrés Goteira, Suso López, Laura Doval e Ana García.

Dirección: Andrés Goteira. 

Premios: Premios á mellor curta, mellor curta en galego e mellor actor de ATODAMECHA en OFESTIVALON’10. Finalista no Liceo Casino Xacobeo’10 do Curtasfilmfest de Vilagarcía. 

DOUS/DÍAS/DICEN (2010)

Sinopse: unha tenra e triste historia de amor que nos ensina que nunca é tarde para cumprir un soño.

Produción: Andrés Goteira, Adrián Folgueira e Laura Doval.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: gañador do Premio Lugo10 no I Concurso de Curtas e Maquetas da Fundación TIC.

XV MERCADO MEDIEVAL ALFOZ

Sinopse: Nun lugar chamado Alfoz, na terceira semana de Xullo, o Castro envolve coa súa maxia un exército de privilegiados. Veciños unidos por un soño: “Facernos ver cos ollos abertos aquelo que imaginamos con eles pechados…”

Produción: Producciones de fin de semana.

Dirección: Miguel García Fernández e Álvaro Liste Fernández.

Imaxes aéreas: Garacopter

SÁLVAME!

Sinopse: Manuel é un home que ten dúas soidades. A soidade persoal e a soidade do artista (é un escritor mediocre). E, de repente, aparece ELA. “Sálvame!” non é unha historia de amor e desamor, son dúas historias de amor e desamor. A historia de un home e unha muller; e a dun escritor e o seu personaxe. 

Produción: Jorge C. Dorado e Jesús De La Vega.

Dirección: Javier Veiga.

BOS DÍAS

Sinopse: Ramón é un broker de bolsa moi particular ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos. 

Produción: Dani de la Torre.

Dirección: Dani de la Torre.

Premios: Premio ao mellor actor no festival de Cans (prov. Pontevedra, 2006). Premio á mellor curta en video na VIII Mostra de Curtas de Noia (2006).

“Festa da árbore” ADICADA A RAMIRO GONZÁLEZ RIVAS

Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 5 de abril en Mondoñedo.

A partir das 11 da mañá na Praza Jaime Cabot (Alcántara) de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende as 11:30 celebraranse xincanas infantís e xogos populares para todas as idades coa colaboración do técnico de deportes do concello Raúl González-Redondo. Haberá varias tandas de participantes divididos por idades. Finalmente arredor das 13:30 plantarase a árbore na propia Praza Jaime Cabot acompañando o acto con música. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “III Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Gardería Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

A edición deste ano honra ó tristemente desaparecido presidente da Asociación Cultural O Pasatempo, Ramiro González Rivas, adicandolle cunha placa a árbore plantada na festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014