Concerto de acordeóns en Lourenzá

A Comisión de Festas de Santa Cruz 2.014, está xa a traballar nun novo evento, en colaboración co Concello de Lourenzá, ao que vos invitan a todos. Trátase dun concerto do Grupo de Acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, dirixido polo laurentino Lino Rico, e con intérpretes dende os 8 ata os 80 anos; unha nova experiencia tamén para eles.

 

Será o vindeiro domingo día 27, as 20:00 h no Salón de Actos do Concello de Lourenzá.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Feira, festa, empanada, concertos e poesía, As Quendas 2.014

Volven un ano máis as feiras e festas de As Quendas a Mondoñedo, que como de costume, xiran en torno ao primeiro de maio. Neste 2.014 ademáis da típica feira cabalar e da festa da empanada, As Quendas terán tamén o concerto de Paula Rojo, no auditorio Pascual Veiga e tamén un recital músico-poético por toda a cidade culminando no mesmo auditorio. Toda a información das próximas festas de Mondoñedo nos seguintes cartéis (poden verse a maior tamaño facendo click enriba deles).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

As fabas de novo protagonistas en Lourenzá

O Recinto feira de Lourenzá acollerá o vindeiro xoves 17 de abril a 1ª Festa de Fabas de Lourenzá con Callos.

Por un módico prezo de 12 € por persoa de forma anticipada nos locais colaboradores, e 15 € en taquilla, poderase degustar unha ración de fabas de Lourenzá con callos, unha ración de xamón galego ao corte, churrasco, criollo, postre, pan e bebida. Habará ademáis unha gran queimada co seu típico conxuro e café de pota. Ademáis por se fose pouco, estará a Discoteca móbil Cocoloko, haberá sorteos e bar con copas a 3 €.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Mondoñedo FC, a penúltima final

Trala pasada fin de semana, na que o Mondoñedo FC derrotou por 6-0 a Cervo, e que con ese resultado, saíu dos postos de descenso a 3ª rexional, este vindeiro domingo, 13, e de novo no Viñas da Veiga as 17:00 h, ten a súa segunda final, na loita pola permanecia. Desta volta o rival é o San Román, equipo que o ano pasado acompañou ao Mondoñedo no ascenso de categoría, e que agora pelexa, igual que os mindonienses, por non volver a perdela.

Ao igual que pasou fronte o Cervo, este blog anímavos a todos a acudir ao Viñas da Veiga a animar aos nosos, e así conquerir un novo triunfo. Será o penúltimo partido. A liga rematará no campo do Cospeito o fin de semana do 26-27 de abril. 

#TODOSXUNTOSPODEMOS #FORZAMONDOÑEDO

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014