Mondoñedo FC, a penúltima final

Trala pasada fin de semana, na que o Mondoñedo FC derrotou por 6-0 a Cervo, e que con ese resultado, saíu dos postos de descenso a 3ª rexional, este vindeiro domingo, 13, e de novo no Viñas da Veiga as 17:00 h, ten a súa segunda final, na loita pola permanecia. Desta volta o rival é o San Román, equipo que o ano pasado acompañou ao Mondoñedo no ascenso de categoría, e que agora pelexa, igual que os mindonienses, por non volver a perdela.

Ao igual que pasou fronte o Cervo, este blog anímavos a todos a acudir ao Viñas da Veiga a animar aos nosos, e así conquerir un novo triunfo. Será o penúltimo partido. A liga rematará no campo do Cospeito o fin de semana do 26-27 de abril. 

#TODOSXUNTOSPODEMOS #FORZAMONDOÑEDO

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Semana Santa Mindoniense, 2.014

Un ano máis a cidade de Mondoñedo vai celebrar a súa tradicional Semana Santa, que sacará as rúas auténticas obras de arte, que recorreran toda a cidade, acompañadas da VOT e de centos de fieis.

Este ano o pregón da Semana Santa, correrá a cargo do Bispo da Diócese Mondoñedo – Ferrol, D. Manuel Sánchez Monge, será o venres día 11 as 20:30 h no Salón de Actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo, e estará acompañado dun concerto a cargo do Coro “Mestre Pacheco”.

 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014