Chendo e Cuncas, nº 103

Outra vez máis “Chendo e Cuncas” da man de Zalo, traennos as novas nunha visión diferente, a visión de dous persoaxes mindonienses, que número a número se están a converter nun referente. Así pois chega o nº 103 de Chendo e Cuncas co título: ¿Republicanos?

«Chendo e Cuncas» é unha creacción propiedade de Zalo García, todolos dereitos reservados.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

VI Marathon de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Seis anos seguidos!!! Unha cita xa consilidada no almanaque deportivo da Mariña. Por sexto ano consecutivo, ahí queda iso, a Asociación Cultural o Pasatempo, organizado o Marathon de fútbol sala o Pasatempo, a celebrar en Mondoñedo os próximos días 20-21-22 de xuño.

A inscripción de cada equipo ten un prezo de 110 €. O torneo contará con árbitros federados e ademáis os equipos poden beneficiarse de descontos en aloxamentos na nosa cidade, para este evento.

E por suposto premios!

1º clasificado 1.500 € e trofeo // 2º clasificado 600 € e trofeo // 3º e 4º clasificados 220 € e trofeos // mellor equipo local 120 € e trofeo // ademáis de trofeo o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

VII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”

Un ano máis, e xa van sete, Mondoñedo celebrará as “Xornadas do Peregrino, Abrindo Camiño”; será os días 4, 5 e 6 de xullo, cunha axenda chea de eventos e actos para todos os asistentes, con infinidade de colaboradores, charlas, música, paseos, visitas culturais…

Sen máis pasamos a reproducir o cartaz e o tríptico informativo do evento.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Chendo e Cuncas, nº 102

Zalo deixanos novamente mostras do seu talento, e non perde a ocasión que lle brinda a abdicación do Rei Xoan Carlos, para adicarlle o núm. 102 do seu magazine Chendo e Cuncas. Sen máis ahí tendes a novidade vista dende  a Praza da Catedral mindoniense.

«Chendo e Cuncas» é unha creacción propiedade de Zalo García, todolos dereitos reservados.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014