Festas do Conde Santo

Un ano máis, os nosos veciños laurentinos, celebrán as súas festas patronais do Conde Santo, que desta volta serán esta fin de semana os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. O plato forte será xa o primeiro día, no que contarán coa actuación do mítico grupo Celtas Cortos que de seguro encherá a vila Laurentina. Pero iso non será todo, haberá orquestas todolos días da festa, o Día da Bicicleta, presentación do libro “Xoguetes Naturais. Argalladas dos pícaros”, exhibición de batuka, o trofeo futbolístico 3×1 do Conde Santo, e tamén a VIII Mostra Folclórica de Lourenzá o sábado 30.

Conde Santo

Folleto

Folclore

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Mondoñedo volta o medievo os días 9 e 10 de agosto

Un ano máis a cidade mindoniense, voltará a vestir as súas mellores galas medievais para celebrar a XXIII edición do seu, xa tradicional e multitudinario Mercado Medieval. Este ano será os días 9 e 10, coincidindo como de costume, coa segunda fin de semana de agosto.

MERCADO MEDIEVAL 2014 CARTEL.FH11

Como xa é tradición o Mercado Medieval de Mondoñedo, contará, como de costume, coas Mesnadas Mindonienses, exibicións de productos típicos da época, postos na rúa, animación, malabares, cetrería e por suposto a cea medieval do sábado as 21 h no epicentro do mercado, a Praza da Catedral.

MERCADO MEDIEVAL PROGRAMA 2014.FH11MERCADO MEDIEVAL PROGRAMA 2014.FH11

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014