Homenaxe a Cunqueiro

O próximo día 26 de febreiro, xoves, terá lugar na Cidade de Mondoñedo, a tradicional homenaxe a D. Álvaro Cunqueiro, polo aniversario do seu pasamento.

Este ano como de costume, haberá ofrenda floral na tumba do escritor, as 12 do mediodía, e a continuación lectura da súa obra, que iniciará, desta volta, o novo cronista da Cidade, Antonio Reigosa. Os actos fecharanse as 13 h, no Auditorio Municipal, cun concerto a cargo de César Morán.

cartel cunqueiro

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

3º ano na rede, GRACIAS

Durante estos días, este blog que estades a leer, cumprirá o seu terceiro ano de vida na rede, dende que foi ideado ala por febreiro de 2.012, é de ben nacidos ser agradecidos, e por iso, hoxe vos sodes os protagonistas desta entrada.

Todos os que día a día acudides a esta web para informarvos, leer as nosas novas, ver os cartaz, fotos de eventos, vídeos, entrevistas, relatos da historia… Etc; vos que xa sumades máis de 22.600 visitas, convertíndose este último ano, no récord, con máis de 9.000, todo un éxito, tendo en conta que nos dous primeiros anos, as visitas foran de 6.800 por ano de media.

Ese éxito, é voso, por darnos parte do máis valioso que temos, o tempo, un tempo que agardamos sexa do máis agradable leéndonos.3 anos

Especialmente damos as gracias a todos vos, pero tamén por suposto os nosos colaboradores, que non cesan no seu traballo diario con nos, Armando Requeixo, Antonio Reigosa, Andrés Doural, Fran Bouso, Zalo, Pepe de Noriega, Suso Robles, Acia de Mondoñedo e Acia de Lourenzá, asoacións locais de Mondoñedo e Lourenzá que contan con nos como medio informativo, e un longo etc…

Comeza pois a andaina do 4º ano, no cal procuraremos seguir mellorando e informando para todos vos, que sodes a nosa forza e ánimo para seguir día a día. Gracias por estar ahí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Entroido mindoniense 2.015

Estamos en época de orellas e filloas, época de Entroido, e como non Mondoñedo, celebrará un ano máis o seu particular desfile, que será o vindeiro sábado día 21, a partires das 17:00 h, con saída, como de costume dende o Campo dos Paxariños, e remate na Praza da Catedral; a entrega final de premios será as 21:30 h na Praza do Concello.image-0001 (1)

Unha Praza do Concello onde haberá animación musical para a citada entrega de premios nas categorías de adultos e infantís. image-0002

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Galicia Encantada cumprirá 10 anos

A web de referencia da mitoloxía galega, “Galicia Encantada, Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia”,  cumprirá no próximo mes de marzo a nada desprezable cifra de 10 anos na rede. 

Esta web ten un vínculo moi importante con Mondoñedo, que non é outro que Antonio Reigosa, actual cronista da Cidade, e principal artífice da web.

Para celebrar o aniversario veñen de renovar por completo a estética e organización da web. Con debuxos de Noemí López e novas seccións interactivas; amáis de mellorar as categorías de sempre coa axuda de “Desarrollos Lugonet”.XG00238501

Pero ahí non queda todo, xa que sae a luz o volume “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías”; con ilustracións tamén de Noemí López e que publica Edicións Xerais de Galicia baixo a colección LibroX. O volume conta con 101 relatos de 52 autores distintos, entre os que destacan nomes como os do portugués Alexandre Parafita, o do brasileiro Romyr Conde, ou Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Xabier López Rodríguez, Xabier P. DoCampo, Calros Solla, Rafa Quintía , Isidro Novo ou Adela Figueroa.

O libro conta con relatos de toda a xeografía galega, coa temática habitual da web, ademáis de dous poemas orixinais de Marta Dacosta e Antonio García Teijeiro, inspirados no lendario popular galego tradicional.

A primeira presentación do traballo terá lugar o vindeiro martes día 10, na libraría Trama as 19:30 h. 

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Cunqueiro e a Real Academia Galega

O salón de actos do Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo, foi testigo, o 21 de abril do ano 1.963, dun dos actos máis importantes para a historia das letras en Mondoñedo, o acto de ingreso de D. Álvaro Cunqueiro Mora, como membro numerario da Real Academia Galega.

No mesmo, o ilustre escritor mindoniense leu o seu discurso de ingreso, co título “Algunhas imaxinacións sober tesouros”, ao que daría resposta, nese mesmo acto o laurentino D. Francisco Fernández del Riego.

Agora, cincuenta e dous anos despois, a Real Academia Galega, recupera para o noso desfrute, o texto íntegro de dito acto, tanto o discurso de recepción na Academia de D. Álvaro Cunqueiro Mora, como o discurso de resposta de D. Francisco Fernández del Riego.

Como non podía ser doutro xeito, esta casa, deixa aquí o .pdf, que edita a nomeada Academia, facéndose tamén partícipe de tan fermoso documento histórico, que podes leer, cliclando no seguinte enlace:

Cunqueiro. Real Academia Galega

Ademáis, podes leer o texto integro desta nova, na web da Real Academia Galega, facendo click aquí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015