Fabas e callos, protagonistas en Lourenzá

Por segundo ano consecutivo, a “Comisión de Festas de Santa Cruz, de Lourenzá”, organiza a festa de exaltación da faba desta vila con callos.

Este ano será o vindeiro xoves 2 de abril (Semán Santa), novamente no Recinto Feiral, dende as 21:30 h, e ademáis da propia cea, contará, a posteriori con discoteca móbil e varias sorpresas que garda a organización. Ademáis neste evento, estarán presentes as xogadoras do torneo de basket feminino “Lourenzá en Xogo” que se desenrolara na vila en Semán Santa.

11082773_903642733019739_61293369_n

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

As motos invadirán Mondoñedo esta fin de semana

Por vixésimo sexto ano, Mondoñedo acorrerá a Concentración Mototurística “A Invernal de Galicia” organizada polo Motocuble Mondoñedo. 

Será os días 6, 7 e 8 de marzo, cun amplo abano de actos durante o sábado e domingo, tales como desfile de antorchas, exhibición acrobática, festa, queimada, streptease… Todo elo cun novo epicentro, como será a Praza da Catedral, deixando atrás a Praza do Concello que, estes anos atrás, viña exercendo de centro neurálxico desta xuntanza.

A continuación o cartaz e programa do evento! Foto 29-1-15 15 07 47

Foto 29-1-15 15 07 55

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015