Verdades que ninguén cre. 1

149593_1372068036396_4108527_n
Francisco Piñeiro

Dende esta casa temos o inmenso pracer de presentarvos unha nova sección, titulada “Verdades que ninguén cre“, e na que contamos coa colaboración do gran Francisco Piñeiro (Mondoñedo, 4 de xullo do 1.956), que de sobra é coñecido por tod@s vos, e ao que lle damos dende xa as gracias por axudarnos a facer cada vez máis grande este espazo.

Tratase dunha sección que conta con relatos de Paco, os cales de seguro, serán do agrado de todos vos, coñecedores do gran traballo deste mindoniense, do Reguengo, que nunca para. Mestre en Cataluña, e creador de varios grupos teatrais como “O Bordelo”, “A Adala”, “Francisco Piñeiro” e “O Batán de Cangas”, nos que suma máis de 600 representacións, isto é so un anticipo dun excepcional currículo que podedes leer aquí.

E para comezar con esta nova sección, velaquí o primeiro relato de Paco:

– Ocorriu o día das últimas votacións municipais. A media tarde decidimos ir a votar camiñando. No medio do percorrido atopámonos cun carpinteiro afamado que sofre problemas de visión. Co seu paso lento, ó ritmo do suave golpe do recatón do caiado, desprazábase pensativo coa mirada no chan. Crucei cara a el para preguntarlle: -Como vai? – (A intención era saber se melloraba da operación de cataratas)

-Nervioso. – contestoume e sorprendeume coa explicación. – Veño de votar – aclarou- pero prefería facer o moble máis difícil da miña vida porque, cando carpintexo sei se o fago ben ou mal, pero votei e non sei se o fixen ben ou mal.

(O relato é orixinal de Paco Piñeiro, e compártese baixo a súa autorización, todos os dereitos do mesmo, son propiedade do autor.)

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015