XXIV Mercado Medieval de Mondoñedo

Mondoñedo volta ao medievo, un ano máis, para deleitar a veciños e visitantes da cidade. Este ano será os días 7, 8 e 9, desta mesma semana, comenzando o venres 6 as 23:00 h coa xa tradicional xuntanza das Mesnadas Mindonienses e Soldados do Mundo Cristiano, na praza da Catedral, que este ano, ademáis, contará cun aquelarre de bruxas.

CARTEL MEDIEVAL

Como de costume, o sábado, será o día do turista, cun amplo abano de actividades dende as 11:30 h da maña, coa saída da comitiva, dende o Concello a Praza da Catedral, epicentro de todos os actos.

Cetrería, malabares, xogos populares e tradicionais, pasarruas, Cabaleiro Medieval, Cea Medieval, actuación dos Festicultores… son os complementos perfectos a estas xornadas de troula e volta  o pasado que vivirá a cidade de Mondoñedo. 

A continuación tedes o programa completo, cos horarios de todos os eventos para estas xornadas: image-0001image-0002

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015