XXV Festa da Faba de Lourenzá

Os días 2, 3 e 4 de outubro, Lourenzá vivirá a XXV da súa tradicional Festa da Faba, declarada de Interese Turístico Galego.

Cartel faba
Cartel da XXV Festa da Faba de Lourenzá. Fai click para ampliar a imaxe

Exposición, degustación e venda do producto por excelencia do Val de Lourenzá, a faba, pero ademáis diso terá lugar XIX edición do concurso fotográfico da festa da faba, ou a VI carreira popular “Val das Fabas”, tamén a I Vespafaba, concentración de vespas, motos e vehículos clásicos, o V trofeo “Faba de Lourenzá”, nas categorías cadete e amateur de fútbol, e tamén de basket feminino; xuntanza folclórica e tamén festa, o S. Marcial que se celebra de xeito paralelo a esta festa da faba.

Toda a info dos distintos eventos nos carteis a continuación.

S. Marcial
Festa do S. Marcial. Fai click para agrandar a imaxe
Faba 1
Díptico Festa da Faba. Fai click para agrandar a imaxe
Faba 2
Toda a info da XXV Festa da Faba de Lourenzá. Fai click para agrandar a imaxe

Marcos Candia – Cultura e Ocio  © 2.015

Concentración de vehículos clásicos en Lourenzá

O sábado día 3 de outubro, cadrando coa Festa da Faba en Lourenzá, terá lugar a primera edición da “VespaFaba & Clásicos“, onde se dará cabida a todo tipo de Vespas, Lambrettas e vehículos clásicos (coches, motos).

O prazo de inscripción para o evento, estará aberto ata o día 1 de outubro, e pode formalizarse a inscripción mediante o seguinte número de teléfono: 689 008 073.

11863422_1220234241325705_1071066261984498917_nMarcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

 

A PATROA DE MONDOÑEDO EN FESTAS

Esta vindeira fin de semana, días 11, 12, 13 e 14, Mondoñedo vivirá unha nova edicción das súas festas de Os Remedios, que este ano contarán coa ofrenda do Excmo. Concello de Vilalba.

Cartel Os Remedios
Cartel os Remedios. Fai click para agrandar

Pero ademáis das avituais orquestras na Alameda, as festas patronais da cidade, traen tamén a actuación de Lucía Pérez, ou Festa da Xuventude, o venres na Praza do Concello, dende as 0:00 h coa actuación de Dj,s.

Iso non será todo, tamén terá lugar a V edición da xuntanza de Cantos de Taberna, un taller de Bachata e Kizomba unha ruta de sendeirismo, a actuación da Coral Polífonica de Vilalba, a Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense…

Unha morea de eventos para pasar unha fin de semana en Mondoñedo e desfrutar das festas patronais da cidade.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

A ESTATUA DE SANTA CATALINA DE MONDOÑEDO

O prelado mindoniense D. José María de Cos y Macho (1.886-1.890), axiña comprendeu que o edificio do Seminario Sta. Catalina se facía pequeno para o alto número de alumnos que asistían as súas clases e vivían alí internos. A ampliación que lle pareceu máis viable foi a de construír un segundo piso (D. Enrique Cal Pardo, Episcologio Mindoniense, páxina 990).

O prelado, celoso protector dos artistas do país, encomendou ao arquitecto provincial D. Nemesio Cobreros Cuevillas o proxecto das novas obras que se levarían a cabo no Seminario (2º piso) e a construcción dunha nova estatua da súa patroa Sta. Catalina, que había de coronar o corpo apilastrado e frontispicio da súa fachada.

IMG_1721
Foto cedida por Andrés García Doural

A estatua de Sta. Catalina, foi encomendada ao artista D. Ramón Martínez Insua, habilitado do clero mindoniense (abo paterno do noso veciño “Paco Fanego”). O modelo, pero en menor escala, nun comezo foi feito en barro e exposto no escaparate da farmacia do Sr. Ferreiro na rúa Progreso para “censura de los contertulios”.

Tratábase dunha obra de relativa importancia, non so para o autor, se non tamén para o propio pobo. Cando o Sr. Cobreros, inspeccionou as obras do Seminario, mostrouse compracido coa escultura do Sr. Martínez de Insua. O artista, acompañado dos seus operarios, traballou con intensidade.

Ramón, que xa había demostrado que manexaba con gran destreza a gubia ou o formón, tamén fixo arte das súas mañas co punteiro e o cincel. A nova estatua de Sta. Calatina, que coroa o edificio do Seminario mindoniense, é de granito, da mesma clase que o empregado no corpo apilastrado e que popularmente denominan de “Toxoso” (Abadín). A estatua ten tres varas de alto aproximadamente, ou o que é o mesmo sobre dous metros e medio (“El Eco de Galicia”, núm. 815, 22/01/1.889).

Como a maioría das cousas que se fan en Mondoñedo, tampouco faltaron detractores a obra de D. Ramón Martínez.

No ano 1.895, tamén baixo a dirección de D. Nemesio Cobreros foron colocados pararraios nas torres da catedral, Santuario dos Remedios, Hospital de S. Pablo e Seminario Conciliar.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

ENTREVISTAMOS A: MODESTO DÍAZ GARCÍA

perfil ModestoModesto, (16 de xaneiro de 1.956), ven pode ser denominado un “mindoniense de pro”. Coñecido por dúas facetas ben diferentes da súa vida, por un lado, a de conserxe do IES San Rosendo, e por outro lado a súa faceta política, a cal puxo fin fai pouco máis de un ano, neste senso, Modesto liderou varias formacións do PSdeG-PSOE a alcaldía de Mondoñedo. Hoxe Cultura e Ocio quere achegarvos un pouco máis a este recoñecido veciño.

1ª_ Durante case 20 anos Modesto estivo ligado, como xa comentamos, de forma activa, dende o goberno ou a oposición, a política municipal, ¿Cómo valora este paso pola política da nosa Cidade?

Valoro de forma positiva este paso pola política, sobre todo o contacto directo cos veciñ@s.

2ª_ Trala súa valoración, e como suliñable deses anos, ¿Cal foi o aspecto máis negativo que tivo que vivir? ¿E o máis positivo?

Como parte negativa os feches das empresas mindoniense, e da laurentina Hermida que arrastrou tamén a moitos dos nosos veciños, e tamén o problema de Pausalido, onde tiven unha familia durante case un ano incomunicada, que eso foi o que acabou, case, coa miña carreira política. O máis positivo todo aquelo que puidemos conseguir para Mondoñedo, como a obra da Alcántara entre outras.

3ª_ ¿Qué lle pide Modesto, como principal eixo de traballo, ao actual Goberno de Mondoñedo?

Volcarse no turismo e na nosa hora, e que traiga algunha das empresas que prometeu cando formaba parte da oposición no goberno.

4ª_ Deixando xa a súa faceta  política, vamos agora ata o IES, Modesto viviu de cheo a chegada da ensinanza secundaria obrigatoria a Mondoñedo, e a inauguración do IES San Rosendo, ¿Qué significou isto para vostede?

Foi unha alegria conseguir que se aumentara o edificio do IES San Rosendo, donde despóis se levarian as cabo as clases da ESO, que incluso este, foi un motivo que levou a manifestacións. A chegada da ESO foi como unha volta o meu pasado, xa que con esa idade, ou menos, era cando nos iamos ao instituto.

5ª_ Co paso dos anos, segue vinculado a este centro de ensinanza, ¿Cal é o cambio máis importante que viviu o IES dende a súa creación?

Moitos, non sería capaz de numerar un so, pero para por un exemplo,  facer as clases mixtas, xa que na miña época rapaces e rapaces estaban en clases separadas; tamén o cambio de directiva, no ano 1.985 cando Mayan deixou de ser director tras 30 anos no cargo, que foi a persoa que me educou como alumno e conserxe; e por suposto a chegada da ESO ao centro entre outros.

6ª_ ¿Cree vostede que Mondoñedo, e o seu IES son un referente a nivel educativo?

Sí, é un referente a nivel educativo, porque del sairon rapaces e rapazas que destacaron en moitas profesións: médicos, escritos, etc.; últimamente tivemos a Patricia Martínez que gañou o premio de bachiller; temos rapaces e rapazas que conseguiron becas para facer 1ª de bachiller en Estados Unidos, en fin, sigo opinando que é unha referencia a nivel educativo.

7ª_ Para rematar coa entrevista, falemos agora do actual Mondoñedo, da Cidade e dos seus valores. Tras toda a una vida ligado de forma  activa a esta terra, ¿Cal cree Modesto que é o principal activo polo que debe loitar Mondoñedo, para recuperar o espazo perdido cos anos?

O turismo pero ben enfocado e que a xente de Mondoñedo se implique.

Damos agora a palabra a Modesto, para que sexa el quen feche a entrevista, pero non, sen antes darlle as gracias pola súa colaboración e tempo, adicados a respostar a este medio de comunicación.

Como cierre a esta entrevista, quero darche as gracias a tí, por lembrarte de min para este traballo que estas realizando e sigue traballando, que é importante atopar persoas coma tí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015