Polafía en Mondoñedo

A AELG propón visitar Mondoñedo cunha nova Polafía, que terá como tema central a figura de Manuela Rey. Nacida en Mondoñedo en 1842, esta actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis. Imprimir

Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.

As polafías son un proxecto nacido en 2007, tamén da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estábel e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes.

A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros  literarios amosados; dun músico, que interpreta  romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores…etc, son os veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas. O que sucede nas polafías é gravado, editado, catalogado e subido á web da AELG para a súa posta a disposición a toda a cidadanía. Moitas das visitas que recibe esta sección proceden da emigración.

(Antonio Reigosa)

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Semana Santa 2.016

Chega un ano máis a Semana Santa a Mondoñedo, que este ano ven marcada pola intención de conquerir para a mesma a catalogación de “Interese Turístico Galego“, para por así en valor as actividades que se levan a cabo durante a mesma na cidade mindoniense.

Deixamos aquí o cartaz da mesma, que comezará co pregón do sábado 19 as 21:00 h na Casa da Xuventude a cargo de D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago.

As procesións comezarán o Domingo de Ramos as 11:30 h, dende a Igrexa de Santiago a Catedral de Mondoñedo, onde se celebrará a Misa de Paixón do Señor e Bendición de Ramos.

Os actos extenderanse ata o Domingo de Pascua, cando se celebrará as 12:00 h a misa de Resurrección na Catedral.

*Toda a información dos actos podes vela na web da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Semana Santa, Mondoñedo
Cartel Semana Santa, Mondoñedo 2.016

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016