Arquivo da categoría: Álbume Fotográfico

Álbume fotográfico: Atlético Lourenzá – Muimenta

O Atlético Lourenzá, desputou este domingo 30, no campo de Santa Cruz, un importante partido, na súa loita pola permanencia na 1ª rexional lucense. Enfronte o Muimenta, que se adiantou no marcador, nunha xogada a contra, cecáis a única ocasión clara do equipo chairego. O Lourenzá dominou o balón case todo o tempo, pero non foi capaz de definir as moitas chegadas a área rival, incluso, na primeira metade, e xa co 0-1, os laurentinos marraron un penalti. Xa no segundo tempo, case o final do mesmo Moncho marcou o gol da igualada, e no último suspiro, xusto antes do pitido final o balón marchou a medio centrímetro da base do pao, da portería do Muimenta. Con este empate, e a falta de 5 xornadas o Lourenzá segue con opcións de salvación, vai ser moi difícil, pero non imposible, mentras existan opcións débese loitar por elas, asique moito ánimo.

Este blog, estivo presente no partido, e traevos unha galería de imaxes do mesmo, un choque, no que o Lourenzá mereceu moito máis. Para ver as imaxes, podedes facelo na seguinte presentación, ou ben, facendo click aquí, e accedendo directamente a nosa galería en Flickr.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: XXV edición da invernal de Galicia

A pasada fin de semana, Mondoñedo viviu a XXV edición da súa consolidada concentración moteira. Foron centos os apaixoados das dúas rodas que encheron a cidade de cor, ruxir de motores impoñentes. Este blog, ofrécevos unha pequena galería de imaxes, na que se inclue a exibición acrobática que tivo lugar na Avda. de Bos Aires na tarde-noite do sábado, e a comida de despedida no pavillón de deportes o domingo ao mediodía. 

Para ver a galería de imaxes podes facer click aquí, ou ven na seguinte presentación:

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: Entroido 2.014 Lourenzá

Se onte foi Mondoñedo co seu desfile de carnaval, no que aquí vos ofrecemos unha galería de imaxes, hoxe foi o turno de Lourenzá, que ofreceu a propios e visitantes un espectacular desfile con moito público e moitos disfraces, que acompañados dunha gran tarde de sol fixeron que este desfile se poida catalogar de excepcional.

Dende Cultura e Ocio, querémosvos ofrecer unha ampla galería, con máis de 80 imaxes do que foi este desfile en Lourenzá. Que podedes ver na seguinte presentación, ou facendo click aquí.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: Entroido 2.014 Mondoñedo

Un ano máis Mondoñedo vivíu o seu Desfile de Carnaval. Varios centos de participantes fixeron as delicias do numeroso público que se congregou en Mondoñedo, nunha soleada e calurosa tarde, para desfrutar da cor e maxia do Entroido. Un Entroido este de Mondoñedo que encheu a nosa Cidade de ledicia e humor. 

Este blog ofrécevos un pequeno reportaxe gráfico do que deparou o desfile. Que podedes ver na seguinte presentación, ou facendo click aquí

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume Fotográfico: Mondoñedo FC – Luis Pimentel

Na tarde deste domingo, 23, o Mondoñedo FC voltou ao Viñas da Veiga para disputar un novo partido de liga, desta volta fronte os da capital de provincia, Luis Pimentel. O resultado final foi de 1-0, nova victoria do cadro de Martín, que suma tres valiosos puntos na loita por escapar do descenso a 3ª rexional. 

Este blog ofrécevos, unha xornada máis, un álbume fotográfico do partido, que podedes ver facendo clic aquí, ou na seguinte presentación.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014