Arquivo da categoría: Álbume Fotográfico

Álbume fotográfico: nevada en marzo

A neve voltou a facer acto, por 4ª vez neste 2.013, nas zonas altas e de alta montaña de Galicia.

Como non podía ser menos os cumios que rodean Mondoñedo, e as aldeas da zona máis alta, hoxe apareceron novamente con este manto branco. Un exemplo delo, é Tronceda que hoxe a maña rexistraba máis de 10 cm de neve na zona das vivendas. “Cultura e Ocio” quere ofrecervos un álbume fotográfico con preto de 30 imaxes desta nevada na zona de Tronceda.

Como de costume, ofrecémosvos a presentación das imaxes a través do noso Flickr, pero se as queres ver a maior tamaño ou simplemente do xeito tradicional, tamén podes facelo clicando aquí.

©Marcos_Candia

Álbume fotográfico: SD Pol – Mondoñedo FC

Neste primeiro partido do ano 2.013, no que por desgraza o Mondoñedo colleitou a primeira derrota da tempada, “Cultura e Ocio”, quere ofrecervos un pequeno álbume fotográfico con varias tomas do quecemento e o posterior encontro.

Podedes ver as fotos facendo click aquí, así accederedes ao álbume en Flickr.

Pero tamén vos ofrecemos a presentación das imaxes como de costume: 

@Candia_Marcos

Álbume Fotográfico: As San Lucas, 2.012

Mondoñedo celebrou a pasada semana, un ano máis as súas tradicionais Feiras e Festas de San Lucas.

Miles de persoas visitaron a cidade para ver en primeira persoa os variados espectáculos preparados, que na súa maioría versaron sobre a imaxe do cabalo, gran protagonista desta secular cita festiva galega. 

Este blog traevos unha pequena galería fotográfica, con 41 fotos nas que podedes ver imaxes da feira cabalar do día grande, a súa entrega de premios e tamén imaxes do concurso de Andadura Galega celebrado o mesmo día no recinto da granxa. 

Tamén vos recomendamos a visita as nosas web´s amigas Mondonedo.net e Mindonium.es, que contan cadansua co seu respectivo álbume das festas.

Se saes nalgunha foto, ou estás interesado nalgunha en concreto, podes poñerte en contacto con nos a través dos comentarios nesta mesma nova (deixanos o teu enderezo electrónico), ou tamén na nosa dirección de correo electrónico: culturaeocio@hotmail.es.

Podedes ver a galería fotográfica das festas facendo click aquí: “Álbume fotográfico As San Lucas 2.012”

Ademáis deixámosvos unha presentación das imaxes mediante Flickr

©Marcos Candia


Álbume fotográfico: II Festa Normanda, de recuperación da memoria Histórica

Esta pasada fin de semana, celebrouse en Foz, a II edición da “Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica”.

Este blog, achégavos unha galería fotográfica, con máis de 50 instantáneas dos mellores momentos desta celebración, tales como: o pregón e escenificación do milagre de San Gonzalo, na área recrativa do Bispo Santo, as imaxes do desembarco normando e unha boda normanda. Ademáis en breve traeremos un vídeo duns 20 minutos, a modo de resumo, do concerto que na noite do sábado, ofreceu na praza de Conde Fontao, o grupo Taranis, que fixo vibrar coa súa música e espectáculo, a xente que se deu cita e encheu a citada praza. 

Clicando aquí teredes acceso a galería de imaxes completa desta cita. 

E aquí deixamos a presentación das imaxes a traves do Flickr do noso blog

Se algún de vos sale nalgunha foto, tan so tendes que deixar un comentario, indicando o voso mail (campo obligatorio, non será visible para o resto), e seravos enviada a imaxe sen a marca de auga.

©Marcos Candia


Álbume fotográfico: XXI Mercado Medieval de Mondoñedo

Miñas donas, meus señores…

Esta pasada fin de semana, celebrouse en Mondoñedo a vixesimo primeira edición do seu típico Mercado Medival.

Durante os tres días de Mercado, pero sobre todo o sábado, Mondoñedo foi un autentico río de persoas, chegadas dende puntos ven variados, dispotas a regresar ao Medievo da man das Mesnadas, de Merlín, do Merino e Merina, dos malabares, dos cetreiros, das demostracións con armas da época… Todo un espectáculo o vivido na cidade episcopal.

Dende “Cultura e Ocio” achegamos unha pequena galería fotográfica con imaxes deste Mercado Medieval.

Podedes ver a galería no noso álbume fotográfico clicando neste enlace: “XXI Mercado Medieval de Mondoñedo”.

Ademáis dende a web www.mondonedo.net, ofrécennos outra ampla galería do evento, con máis de 130 imaxes, que podedes ver aquí.

E sobre esta liña deixamos unha presentación das imaxes deste blog:

©Marcos Candia