Arquivo da categoría: Armando Requeixo

Mondoñedo Literario, o libro dos mindonienses

Maña xoves 2 de xullo, será un día importante para a escrita mindoniense, pois terá lugar a presentación do libro “Mondoñedo Literario”, un traballo de Armando Requeixo, outro mindoniense que recolle neste libro estudos sobre os autor@s que deu e segue a dar a nosa cidade. Amais diso, as imaxes da cuberta, autoría do mindoniense Xose Vizoso, ou a imaxe da lapela, do tamén mindoniense Marcos Candia, fan que este volume sexa o libro dos mindonienses.

A presentación, será as 20:00 h, no salón multiusos do Centro Comarcal de Mondoñedo (Antigo Cuartel da Garda Civil), e contará coas intervencións de Elena Candia, presidenta da Deputación Provincial e Alcaldesa de Mondoñedo, Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e Armando Requeixo, autor do traballo e actual investigador e secretario no Centro Ramón Piñeiro para a investigación de Humanidades.

IMG_0998

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Fala das Musas e outros poemas

O vindeiro venres 30 de xaneiro, dende as 20:30 h, Mondoñedo ten unha cita coa escrita galega, pois terá lugar a presentación do volume “Fala das Musas e outros poemas” de D. Daniel Pernas Nieto, baixo a edición do mindoniense Armando Requeixo.

O Acto terá lugar no Salón de Plenos da casa consistorial de Mondoñedo e nel intervirán:

  • Orlando González Cruz (Alcalde de Mondoñedo)
  • Valentín García (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
  • Luís Alonso Giraldo (Director da colección Lancara)
  • Armando Requeixo (editor do libro)

FaladasmusasMondonedoMarcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Díaz Castro volta a Mondoñedo

Evidentemente o título desta nova, non debe tomarse literal, Díaz Castro volta a que foi a súa casa, non en persoa, lóxicamente, pero sí a traveso dunha exposición que na súa rotación pola terra Galega, chega a nosa cidade, concretamente ao Seminario que acolleu na súa época de estudante a Díaz Castro, homenaxeado este ano coas Letras Galegas, e que agora, dende o próximo luns 4, e ata o final do vindeiro mes de agosto estará, como deciamos no Seminario, concretamente na aula Losada Quiroga.

fc5e6d6a1616edc435c25774e178ea2aPara a inauguración, do próximo luns as as 12:00 h, contaremos coa presenza do Secretario Xeral de Cultura (Anxo Lorenzo), o Secretario Xeral de Política Lingüística (Valentín García), o Alcalde mindoniense (Orlando González), o ex-Reitor do Seminario (Félix Villares), o actual Reitor (José Bello) e tamen os tres comisarios da exposición (Luís González Tosar, Alfonso Blanco Torrado e o mindoniense Armando Requeixo).

A orde de intervención no acto será a seguinte:

As 12:00 h: benvida e presentación a cargo do Secretario Xeral de Cultura.

As 12:01 h: Intervencións dos tres comisarios da mostra.

As 12:10 h: Intervención do Secretario Xeral de Política Lingüística.

As 12:13 h: Intervención do Alcalde de Mondoñedo.

As 12:16 h: Visita guiada pola exposición, dirixida polos comisarios.

E as 12:35 h: darase por finalizado o acto de inauguración desta mostra.

Podedes atopar máis info sobre a exposición na web da Consellería de Educación, e tamén no blogue de Armando Requeixo.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

A exposición “Nimbos de Luz” pasará por Mondoñedo

Estamos de cheo no ano de Xosé María Díaz Castro, que neste 2.014 verá como se lle adica o día das Letras Galegas. Un guitiricense que pasou parte da súa infancia estudando no Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo.

Con tal motivo, creouse unha exposición, producida pola división Merlín Comunicacións de Galaxia, coordinada por Xosé Soutullo e patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que entre outras cidades estará tamén en Mondoñedo, no Real Seminario Conciliar Santa Catalina, no mes de agosto.

 

Dende o blog Criticalia, do crítico Armando Requeixo, a par que estudoso da Figura de Díaz Castro, e recente autor dunha tese doutoral sobre o mesmo, que lle mereceu a máxima calificación de académica de sobresaínte cum laude, podemos ver un Diario Díaz Castro, no que Armando, nos detalla a actualidade en torno a figura do autor Guitiricense, además ofrécenos tamén, información completa sobre a exposición “Nimbos de Luz“.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Pr’a anainar os nenos

«¡Cala y-ora!

¡Cala y-ora!

Se non qués calar, chora,

Que teu pai vai en Gontán

E tua nai en Vilanova».

—-

«¡Cala y-ora!

¡Cala y-ora!

Se non qués calar, chora,

Que tua nai vai n-as estelas

E teu pai vai n-o muíño

Pra che facer un boliño».

—-

«¡Ea! ¡Ea!

Pan d’aldea,

Sopas de pan,

¡Qué ricas están!»

—-

«¡Arriba!, ¡arriba!, meu gato rabeno,

Dormiches fora, mollóusech’o pelo».

—-

«Este neniño que teño n-o colo

É d’un amor que lle chaman Anxo,

Dios que m’o deu, que m-o deixe logo,

Qu’eu quero andar c’o meu neno n-o colo»

—-

Este texto é orixinal do libro «Etnografía Mindoniense«, editado por Armando Requeixo. O texto transcríbese de xeito igual que foi recollido por Eduardo Lense Santar o 5 de novembro do ano 1.938.


Coa colaboración de Armando Requeixo

Marcos Candia 

Cultura e Ocio © 2.014