Arquivo da categoría: Asoc. Cultural o Pasatempo

VII Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Chega unha das citas deportivas mariñas máis consolidada no calendario nos últimos anos, falamos do Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo” que por oitavo ano consecutivo se celebrará no pavillón de deportes Viñas da Veiga de Mondoñedo, será os días 10, 11 e 12 do próximo mes de xuño. 

received_10156898300300574
VII Torneo de fútbol sala “O Pasatempo”

Escadras galegas, asturianas e leonesas chegarán a cidade episcopal para pelexar polo título, onde se darán cita xogadores de 1ª ou 2ª división nacional deste deporte.

O torneo que se celebra no formato marathon conta con numerosa afluencia de público sobre todo nas noites do venres e sábado, e por suposto nas finais do domingo, este ano de seguro que a tónica continuará.

Para esta edición os premios son os seguintes:

– 1° clasificado 1700€ + trofeo
– 2° clasificado 700€ + trofeo
– 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
– Mellor equipo local 150€ + trofeo
– Último clasificado: tarta de Mondoñedo (novidade este ano)
– Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.

A inscripción ao torneo ten un custo de 120 €, todos os equipos inscritos contarán con descontos para o aloxamento nos locais da cidade mindoniense.

O torneo contará para todos os partidos con árbitros da Federación Española.

Para anotarse podedes facelo nos seguintes teléfonos: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

A festa da árbore chega a Mondoñedo un ano máis

Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo. IMG-20150401-WA0010

A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11h no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.IMG-20150401-WA0021

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Mercado de verán e Cine en Mondoñedo

Durante este mes de xullo e o próximo agosto, as noites dos xoves, e as mañas dos domingos teñen un aliciente especial, Xoves con Xeito e Domingos Frescos, así se titulan os mercados e eventos que podemos desfrutar esos días na nosa cidade. Ademáis dende a Asociación Cultural O Pasatempo, ofrécennos tamén cine ao aire libre cadrando cos xoves con xeito.

Toda a info nos carteis seguintes.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

VI Marathon de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Seis anos seguidos!!! Unha cita xa consilidada no almanaque deportivo da Mariña. Por sexto ano consecutivo, ahí queda iso, a Asociación Cultural o Pasatempo, organizado o Marathon de fútbol sala o Pasatempo, a celebrar en Mondoñedo os próximos días 20-21-22 de xuño.

A inscripción de cada equipo ten un prezo de 110 €. O torneo contará con árbitros federados e ademáis os equipos poden beneficiarse de descontos en aloxamentos na nosa cidade, para este evento.

E por suposto premios!

1º clasificado 1.500 € e trofeo // 2º clasificado 600 € e trofeo // 3º e 4º clasificados 220 € e trofeos // mellor equipo local 120 € e trofeo // ademáis de trofeo o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro.

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014