Arquivo da categoría: Burela FS

Sangue Laranxa

O Burela FS recibiu onte a visita do Rei de Copas, o Inter Movistar, partidazo no Vista Alegre, cheo ata a bandeira, cun resultado final de 1-2.

O conxunto burelés, é o único do territorio nacional que ten ambas escadras na máxima competición (masculino e feminino), no partido de onte soubemos quen ten parte dese mérito, nin máis nin menos que a incrible aficción laranxa.

O Vista Alegre, cheo a rebentar, viu como pola súa pista pasaba un dos equipos máis potentes deste deporte, non so en España se non a nivel mundial, como é o Inter Movistar, da capital española. O partido a priorí parecía que sería un coser e cantar para os visitantes, pero logo dos 40 min de xogo, a realidade foi outra ven distinta. Desde o primeiro segundo de partido a aficción animou sen cesar aos homes de Xulio Delgado que saíron a súa cancha sen complexos diante dun rival de altura. No min 5 de xogo o gran Betao marcou o 1º tanto do encontro e puxo en franca vantaxe o cadro visitante, 0-1. Pero o Burela soubo refacerse deste gol inicial e antes de chegar ao descanso o taboleiro reflectia táboas no marcador 1-1.

No segundo período o partido seguiu un derroteiros similares, o Inter buscaba a porta do Iago e o Burela a contra despuxo de varias ocasións para poñerse por diante no marcador, mercé o seu gran traballo defensivo, a súa velocidade e o empuxe, inestimable, da grada burelá. Pero a fortuna foille esquiva, ata tres dobres penaltis tivo o cadro local e ningún rematou na rede; nos últimos minutos e en vista do empate a 1-1 que seguia no marcador, os visitantes optaron por poñer o denominado porteiro-xogador e con esa estrataxema, Betao, de novo, cun gran disparo puxo o definitivo 1-2 no marcador. Pero Xulio, adestrador burelés, despuxo tamén a partir deste intre o seu porteiro-xogador, ainda que a fortuna de novo, foille esquiva os burelaos.

Ata aquí o partido, derrota do Burela, ante un equipo pragado de estrelas nacionais e internacionais; pero onte en Burela, coma sempre, xogouse outro partido, este gañado por goleada, o partido da aficción. O Vista Alegre, leva anos demostrando a toda a Mariña, como se vive o deporte de élite, o sentimento laranxa, abandeirado pola incansable “Pataca Laranxa”, inunda cada día de partido o pavillón e fai vibrar aos xogadores, ata me atrevo a decir visitantes, onte sen ir máis lonxe, ao remate do partido os homes do Inter recibiron o aplauso do Vista Alegre, algo habitual, e que fai máis grande se cabe esta aficción.

Tralo partido de onte, e como xa comentaba Xulio, queda unha sensación agridoce, o Burela tivoo ahí pero o final foiselle todo un Rei de Copas cos tres puntos, pero a liña a seguir xa esta debuxada, e o Burela non se pode render, deben loitar partido tras partido, e de seguro que os resultados chegarán. Unha vez máis a aficción estará ahí, e visto o de onte, nin pola cabeza se lles pasa renderse.

Mención neste punto, a sección feminina do clube, que segue entre as mellores da élite deste deporte a nivel nacional, codeándose sempre coa primeira praza da táboa clasificatoria e deixando un moi bo sabor de boca por todos os campos por onde pasa.

Dende aquí, queremos animar ao Burela a seguir loitando e demostrando que un humilde tamén pode ser un grande. Oxala este SENTIMENTO LARANXA perdure por moito tempo entre os mellores do futsal nacional. En hora boa Burela.

©Marcos Candia