Arquivo da categoría: Concentración motos

Concentración de motos, programa oficial

Axuntamos a programación oficial da Concentración de Motos que terá lugar esta fin de semana en Mondoñedo

 

Sábado 10 de marzo

12:00 h: Apertura da inscripción con cervexa e pincho de benvida.

18:30 h: Exhibición acrobática de Carillo Stunt, na Avda. de Bos Aires con animación de Disco Móvil Eventec.

20:30 h: Desfile de antorchas polas rúas da cidade de Mondoñedo.

21:30 h: Cea.

00:30 h: Queimada na Praza do Concello.

02:00 h: Striptease en Disco-Pub A Sala.

Durante toda a xornada, haberá espicha de sidra no Bar-Mini.

 

Domingo 11 de marzo

09:00 a 10:00 h: Almorzo no lugar asignado no ticket de inscripción.

11:00 h: Ruta turística polo concello de A Pontenova, con saída dende a Praza do Concello.

14:00 h: Comida de despedida e entrega de premios.

NOTA: Todolos inscritos a concentración mototurística, poderán facer uso das instalacións polideportivas para durmir, situadas no complexo deportivo Viñas da Veiga. 

 

©Marcos Candia


A Invernal de Galicia

23 edicións, un evento completamente consolidado no almanaque de todos os moteiros que se precen, falamos da XXIII edición da Concentración Mototurística Ruta N-634, que este ano aparece sinalada os días 10 e 11 deste mes de marzo.

Como é lóxico e habitual os días da concentración Mondoñedo inúndase de centos de moteiros chegados de toda España, dispostos a desfrutar da festa que lles ofrece esta xuntanza.

No cartel deste 2.012, organizado unha vez máis polo “Motoclube Ruta N-643 Mondoñedo”, e coa colaboración do Concello de Mondoñedo podemos destacar a exhibición de “Dani Carrillo” presentando o seu “Carrillo Stunt Show”. Ademáis como xa é habitual, a recepción dos moteiros será na Praza da Catedral o sábado 10 as 12:00 h, donde serán recibidos cunha cervexa é un pincho de benvida, ademáis de consumicións nos locais da cidade, un pin, unha camiseta e unha pegatina conmemorativos. Tamén na noite do sábado na Disco-Pub a Sala terá lugar o show striptease e na praza do concello a queimada noctura.

Se todo o anterior fora pouco, ademáis os moteiros poderan desfrutar dunha cea o sábado e almorzo o domingo, todo por 25,00 €, importe que dende o Motoclube de Mondoñedo manteñen un ano máis inalterable, ainda que dando a opción de pagar so 18,00 € que incluiría a cea ou a comida e o pin conmemorativo. E por último para os que queirades facer a inscripción anticipada con todo incluído por 23,00 €, para facer está, debedes acceder a web do Motoclube onde facilitan o núm. de conta bancaria para o ingreso. 

Dende “Cultura e Ocio” queremos felicitar ao Motoclube da nosa cidade por seguir un ano máis, a pesares da crise ofrecendo este evento, tan importante para o sector turístico da nosa cidade e comarca.

©Marcos Candia