Arquivo da categoría: ED Lourenzá Ciclismo

V Edición da ruta BTT “Rei Cintolo” de Mondoñedo

A ruta BTT “Rei Cintolo” de Mondoñedo, está de aniversario. Por 5º ano consecutivo, os amantes das dúas rodas recorreran as montañas mindonienes, desta volta no “Desafío da Toxiza”, que terá o lugar o día 2 de novembro.

Será unha ruta de 45 km cun desnivel positivo de máis de 1.500 metros. 

Perfil rotaAs incripcións nesta edición da rota poden facer na web Champion Chip Norte, e teñen un custo de 18 € para corredores federados, e de 30 e para os non federados. Ademáis haberá camiseta para os primerios inscritos e sorteo de regalos durante a comida no Pavillón Viñas da Veiga.

V Rota BTT Rei Cintolo

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.014

Álbume fotográfico: IV Rota BTT Rei Cintolo, Mondoñedo

Este pasado domingo tivo lugar en Mondoñedo a IV edición da ruta BTT Rei Cintolo, que este ano contou coa presenza de máis de 100 aficcionados a este espectacular deporte, que puideron desfrutar dunha ruta excepcional que os levou por varias das zonas máis fermosas da xeografía mindoniense.

Dende Cultura e Ocio, queremos ofrecervos un álbume fotográfico con máis de 150 imaxes da ruta. Se fuches partícipe da mesma búscate no noso álbume, onde se recollen as fotos da saída dende a Praza do Concello, e o paso dos ciclistas pola baixada anterior o punto de avituallamento. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013

IV Rota BTT “Rei Cintolo”

As bicis de montaña voltan un ano máis a nosa cidade. Será o próximo día 3 de novembro, cando se espera a presenza de ducias de afeccionados a este deporte, para participar desta proba que recorre boa parte da xeografía mindoniense, cun recorrido, este ano, de 45 km, cunha dificultade media. 

Tendes toda a info do evento na seguinte imaxe que podedes ver a maior tamaño se facedes click sobre a mesma. 

Marcos_Candia

Cultura e Ocio © 2.013