Arquivo da categoría: Foz

Fin de semana multieventos

En pleno agosto Galicia é un sinfín de festas e eventos varios, con esta entrada damos a coñecer os máis importantes deste fin de semana na nosa comarca, a través dos carteis e programas informativos, comezando polo Mercado Medieval de Mondoñedo.

image-0002
XXIV Edición do Mercado Medieval de Mondoñedo
image-0001
Programa completo do Mercado Medieval mindoniense
San Lourenzo 1
Foz celebra durante o mes de agosto a súa festa máis importante, o San Lourenzo, sendo esta fin de semana o epicentro da mesma
San Lourenzo 2
San Lourenzo, Foz
Maruxaina 1
Tamén S. Cibrao nos ofrece outra parada importante. A Maruxaina, declarada festa de Interese Turístico
Maruxaina 2
A Maruxaina, S. Cibrao
Festa Celta Bretoña
E rematamos co Lugnasad, a festa Celta de Bretoña (Pastoriza), con celebración de vodas celtas incluída

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.015

Tempo de setas

“Os Bolouros”, asociación de amigos das setas de Foz, traénnos a 34ª semana micolóxica que se celebrará no concello mariñán neste mes de novembro.

Saída ao campo a recoller cogumelos e a identificación e degustación das distintas especies serán os puntos fortes destas xornadas en Foz. Para completar a información deixámosvos aquí todas as datas e horarios.

Domingo 11

Saída a Castro de Rei para a recollida e identificación de cogomelos. (En coches particulares as 9:00 h diante do Concello de Foz, xantar opcional)

Luns 12

Xuntanza micolóxica. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Sábado 17

Céa micolóxica. Sera no “Rincón de Anita” as 22:00 h (teléfono: 982 140 159). Custo de 35 € para socios e 40 € para os non socios. Imprescindible anotarse antes do día 16!!!. Actuación musical do grupo “Najla Shami”

Luns 19

Xuntanza micolóxia. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Domingo 25

Saída aos montes de Muras, para a recollida e identificación de cogomelos. (saída da Casa do Concello as 9:00 h. Xantar no Viveiró. Viaxe en autocar. Prezo (autocar e comida): 30 € socios e 35 € non socios

Luns 26

Xuntanza micolóxia. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Vídeo: Concerto de Taranis na II Festa Normanda de Foz

Como xa vos comentamos na entrada na que se publicou o álbume fotográfico da II Festa Normanda de Foz, achegámosvos agora, un pequeno vídeo de 20 min. a modo de resumo, do que foi o concerto do grupo Taranis, o sábado a noite na praza de Conde Fontao.

O grupo Taranis, fixo vibrar a todo o público que abarrotou a praza, co seu espectáculo musical, de loita  e fogo. 

POR PETICIÓN EXPRESA DO GRUPO TARANIS, O VÍDEO DE 20 min. QUE FOI EXPOSTO NESTA WEB, ACABA DE SER BORRADO, TANTO DESTE BLOG COMO DA NOSA CONTA DE YOUTUBE, ACATANDO ASÍ A SÚA PETICIÓN.

Dende aquí das as grazas ao “Grupo Taranis” pola súa amabilidade e recoñecemento do noso traballo, pero por motivo alleos tanto a eles como a nos, este vídeo non pode ser exposto en Internet.

©Marcos Candia


Álbume fotográfico: II Festa Normanda, de recuperación da memoria Histórica

Esta pasada fin de semana, celebrouse en Foz, a II edición da “Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica”.

Este blog, achégavos unha galería fotográfica, con máis de 50 instantáneas dos mellores momentos desta celebración, tales como: o pregón e escenificación do milagre de San Gonzalo, na área recrativa do Bispo Santo, as imaxes do desembarco normando e unha boda normanda. Ademáis en breve traeremos un vídeo duns 20 minutos, a modo de resumo, do concerto que na noite do sábado, ofreceu na praza de Conde Fontao, o grupo Taranis, que fixo vibrar coa súa música e espectáculo, a xente que se deu cita e encheu a citada praza. 

Clicando aquí teredes acceso a galería de imaxes completa desta cita. 

E aquí deixamos a presentación das imaxes a traves do Flickr do noso blog

Se algún de vos sale nalgunha foto, tan so tendes que deixar un comentario, indicando o voso mail (campo obligatorio, non será visible para o resto), e seravos enviada a imaxe sen a marca de auga.

©Marcos Candia


II Festa Normanda de Foz

Volvemos o pasado!!! Desta volta é Foz; logo dos mercados medievais de Mondoñedo e Alfoz, agora chega a II edición da Festa Normanda, na cidade que recibe as últimas augas do río Masma.

Dende este venres 24 e ata o domingo 26, viviranse varios espectáculos, xogos, ceas, bodas, concerto, pasarrúas e demáis, todos eles enfocados na época normanda.

Toda a información desta festa podedes vela no seguinte enlace da web do Concello de Foz:

II Festa Normanda en Foz

A modo de aperitivo desde este blog queremos compartir con vos a portada do tríptico informativo contido no anterior enlace:

©Marcos Candia